"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galardón literario outorgado polo Ministerio de Educación a partir de 1984, co que se recoñece o labor literario dun escritor en calquera das linguas oficiais do Estado español. Xunto co Premio Cervantes, constitúe un dos principais galardóns das letras hispánicas. Josep Vicens Foix (1984) foi o primeiro galardoado, ao que seguiron, entre outros, Rosa Chacel (1987), José Hierro (1990), Carmen Martín Gaite (1994), Martí de Riquer (2000) e Félix Grande (2004).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario convocado e concedido anualmente polo Ministerio de Educación co obxecto de recoñecer o labor daqueles escritores destacados no campo da literatura infantil e xuvenil. Creado en 1978, con este premio preténdese estimular a produción literaria de calidade que poida axudar a fomentar os hábitos de lectura entre rapaces. A primeira gañadora foi Montserrat Amo, con El Nudo (1978). Os autores galegos galardoados foron Paco Martín, con Das cousas de Ramón Lamote (1986), Xabier Docampo, con Cando petan na porta pola noite (1995), e Fina Casalderrey, con O misterio dos fillos de Lúa (1996).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galardón literario concedido no seu formato actual polo Ministerio de Cultura á obra máis destacada do ano anterior en calquera das linguas oficiais do Estado español. O primeiro galardoado foi José L. Acquaroni, con Copa de sombra (1977). Os autores galegos premiados foron Alfredo Conde, con Xa vai o griffon no vento (1986); Manuel Rivas, con Que me queres, amor? (1996) e Suso de Toro, con Trece badaladas (2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio convocado no seu formato actual desde 1987 polo Ministerio de Cultura, en que se distingue a obra poética máis destacada, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado español. Ten o seu precedente nun Concurso Nacional de Literatura convocado polo Ministerio de Instrución Pública en 1922. O primeiro autor galardoado foi Miguel Fernández, con Eros y Anteros (1977).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio anual de comunicación que concede a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública a través da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, desde 1985, co fin de promocionar todo o que contribúa a profundar na realidade galega e recompensar o labor dos profesionais, institucións e empresas da comunicación que traballen neste sentido. Desde 1990 os premios divídense nos campos de comunicación en medios informativos, en medios impresos, en xornalismo gráfico, en medios radiofónicos, en televisión e á mellor empresa ou institución de comunicación, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
-
Acción de moverse por anticipado a unha acción.
-
Concurso divino, na escolástica, previo á acción libre do home e determinante dela. OBS: Tamén se denomina promoción física.
-
-
-
Sensación de que algo vai ocorrer ou de que vai suceder dunha determinada maneira.
-
Circunstancia ou feito real que anuncia algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inmunidade a unha enfermidade xa padecida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Noción ou coñecemento anticipado dunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anuncio anticipado.
-
-
Feito de preocuparse.
-
Cousa que preocupa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto preordinar.
-
-
Acción e efecto de preparar ou prepararse.
-
Coñecementos teóricos ou prácticos que se teñen sobre unha materia.
-
Cousa preparada.
-
Porción de rocha, resultado de desgastar o fragmento que se toma para a análise, ao que se lle adoita dar un grosor duns 0,03 mm. Colócase no portaobxectos para podela estudar coa axuda do microscopio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Categoría gramatical que morfoloxicamente é invariable e sintacticamente se caracteriza por ser dependente e por funcionar como relacionante entre unha unidade léxica e outra que subordina a primeira. Cando vai acompañada dun pronome tónico, esixe a presenza dunha forma oblicua (de min, para ti, por nós). É átona e, en consecuencia, forma unidade cos elementos que a seguen. Desde o punto de vista funcional, ten dúas funcións, non excluíntes mutuamente: a) Serve como marca de función sintáctica. Nalgúns casos só cumpre esta función pois non achega ningún significado específico. Así ocorre, por exemplo, coa preposición a que se pode usar, nalgúns casos, como marca obrigada de CD ou que é esixida no CI. b) Ademais a preposición achega un significado (foi a Caldelas, foi contra Caldelas, foi ata Caldelas, foi desde Caldelas). O valor léxico non é igual de relevante nin de visible en todas as preposicións. Fronte ás que, como desde ‘punto...
-
-
Relativo ou pertencente á preposición.
-
Que está construído mediante unha preposición.
-
Que ten características ou funciona coma unha preposición.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de perposterar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Repregamento mucocutáneo na parte máis distante do pene, que cobre o glande.
-
-
Acción e efecto de prescribir.
-
Orde ou indicación que o médico lle dá ao enfermo.
-
-
Extinción ou adquisición de dereitos polo transcurso do tempo. A prescrición extintiva é a extinción dos dereitos patrimoniais pola falta do seu exercicio e a extinción adquisitiva, a realizada mediante usucapión.
-
Modo de extinción dos delitos e das penas, ou da súa persecución, debido ao transcurso do tempo.
-
-
-
-
Escolla provisional ata outra posterior.
-
Operación mediante a que se sintonizan previamente as distintas frecuencias nun aparato de radio ou televisión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar unha preselección.