Premios Galicia de Comunicación
Premios Galicia de Comunicación
[COMUN]
Premio anual de comunicación que concede a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública a través da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, desde 1985, co fin de promocionar todo o que contribúa a profundar na realidade galega e recompensar o labor dos profesionais, institucións e empresas da comunicación que traballen neste sentido. Desde 1990 os premios divídense nos campos de comunicación en medios informativos, en medios impresos, en xornalismo gráfico, en medios radiofónicos, en televisión e á mellor empresa ou institución de comunicación, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia.