Premio Xerais de Novela
Premio Xerais de Novela
[LIT]
Premio literario anual creado por Edicións Xerais de Galicia en 1984 para obras en lingua galega e que constitúe un dos galardóns literarios de referencia en Galicia. Ao primeiro galardoado, Carlos G. Reigosa, autor de Crime en Compostela, seguíronlle outros destacados escritores como Xoán Bernárdez Vilar (1986), Darío X. Cabana (1989), Xosé C. Caneiro (1992), Xosé Miranda (1998) ou Teresa Moure (2005).