"bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda. Construíuse en estilo románico sobre unha necrópole anterior. Pertenceu ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Ten planta de nave única e cabeceira rectangular, que no exterior presenta un aspecto macizo amodo de torre. Destaca a fachada principal cunha portada de dobre arquivolta tórica que se apoian en columnas acobadeladas. No tímpano está esculpida a figura dun cabaleiro montado sobre un animal ao que domina. Remata nun campanario de dous vans cunha balconada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Miguel que dá nome ao concello de Taboadela, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca e da provincia de Ourense, situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia ( 42° 14’ 40” de latitude N e 7° 49’ de lonxitude O). Limita ao N con San Cibrao de Viñas (comarca de Ourense), ao L con Paderne de Allariz (comarca de Allariz-Maceda), ao S con Allariz (comarca de Allariz-Maceda), e ao O coa Merca (comarca de Terra de Celanova) e San Cibrao das Viñas (comarca de Ourense). Abrangue unha superficie de 25,2 km2cunha poboación de 1.680 h (2007), distribuída nas parroquias do Mesón de Calvos, Santiago da Rabeda, Soutomaior, Taboadela, Torán e A Touza. A capital está no lugar de Taboadela, na parroquia do mesmo nome, a 127 km de Santiago de Compostela e a 12 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Taboadela constitúe un relevo en cuesta como consecuencia do seu carácter de bordo meridional da depresión de Ourense. É un terreo dominado polos granitos, onde se diferencian... -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Ourense que abrangue parte do concello de Taboadela e o de Paderne de Allariz. Está composta por 15 parroquias matrices e un anexo.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponte Caldelas baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Plataforma feita con táboas, xeralmente elevada e situada nun lugar público, en que ten lugar un espectáculo ou un acto solemne.
-
Tabique feito de táboas unidas polo canto.
-
Plataforma elevada a unha certa altura do chan onde se executa o condenado.
-
-
PERSOEIRO
Profesor. Foi profesor nas Escolas Normais e, en 1948, foi designado inspector central das mesmas. Publicou moitos libros para o ensino das matemáticas e ciencias naturais, dos que destacan Intuición y acción. Más de 100 lecciones prácticas de matemáticas y ciencias fisiológico-naturais para las escuelas de primera enseñanza y ligeras nociones de taxidermia (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecta. Doutora en Arquitectura, foi arquitecta municipal de Marín e traballou con César Portela durante seis anos. En 1991 creou o seu estudo de arquitectura. Conselleira titular do Consejo Superior dos colexios de arquitectos de España, en 2003 integrouse en dúas comisións do Consello de Arquitectos de Europa e converteuse na primeira muller en ser decana do COAG. En 2005 converteuse en conselleira de Vivenda, en representación do BNG.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Prancha de madeira que presenta unha superficie plana e lisa e que se constrúe unindo táboas.
-
Táboa máis ou menos estreita e longa que ten diversos usos, como fixar carteis ou anuncios.
-
Placa de lousa onde se pode escribir ou debuxar con xiz.
-
Cadro de madeira, plástico ou outro material que se divide en cadros máis pequenos denominados casas e que se utiliza para xogar a distintos xogos como o xadrez, as damas ou o parchís.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Outeiro cónico de Galilea, dunha altitude de 588 m, illado no extremo NL da chaira de Esdrelón. Mencionado a miúdo no Antigo Testamento, a tradición cristiá do s IV situou na súa cima a transfiguración de Xesús Cristo.
-
REXIÓNS
Rexión de Tanzania (76.151 km2; 846.000 h [2002]). A súa capital é Tabora (93.362 h [2002]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Cereixo da Briña ao seu paso por Taborda (Tomiño). Trátase dunha ponte do s XVI dun só van realizada en cantaría irregular con muros de acompañamento. Atópase no antigo camiño de Hospital a Tui.
-
-
Relativo ou pertencente aos taboritas.
-
Seguidor da á radical husita, organizada por Jan Zižka na praza forte de Tabor (Bohemia) en 1420. Baixo a guía do seu sucesor Procopio o Rapad, en 1424 asediaron Nuremberg e obrigaron a Federico de Hohenzollern a asinar o Tratado de Heheimstein (1429-1430). En 1434 foron derrotados en Lipant, preto de Cesky Brod.
-
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Uruguay (15.438 km2; 90.489 h [2004]). A súa capital é Tacuarembó (51.224 h [2004]).
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, unha rosa heráldica de goles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e escritor, irmán de Xosé Ignacio Taibo Arias. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, doutor en Ciencias Políticas e profesor na Universidad Autónoma de Madrid, foi membro fundador do Centro de Estudios del Este, tema que foi protagonista nos seus estudos e nas diferentes publicacións posteriores. É columnista de política internacional da BBC de Londres e colaborador de política internacional en xornais como La Vanguardia, El País, La Voz de Galicia e El Correo. Ademais é autor de numerosos traballos relacionados con este tema, como Los mariscales de agosto (1991), La Unión Soviética (1993), Europa sen folgos (1994), Los conflitos yugoslavos (1995), A nova desorden internacional (1998), Un novo Terceiro Mundo? (2000), A desintegración de Iugoslavia (2001), Imperio norteamericano e capitalismo global (2003) e El conflito de Chechenia (2005). Recibiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo e escritor, irmán de Carlos Taibo. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, é correspondente da revista Jane´s Defence Wecly e colaborador de diversas publicacións periódicas de Galicia. A súa obra busca un efecto de sorpresa no lector e algúns dos seus relatos teñen unha estrutura complexa. É autor de diversos relatos curtos e contos, cos que foi premiado en diversas edicións do Premio Modesto R. Figueiredo, como Os Inmortais (1975) e O Fotógrafo (1978, Premio Mesón do Labrego da Editorial Limbo). Do seu libro Calendario de Brétemas mañanceiras na miña praia atlántica (1981) foron traducidos algúns contos ao ruso. Traduciu a obra teatral Pedro Madruga, de M. Gato, e no ensaio destacan os seus libros Os partidos políticos en Galiza (1977), en colaboración con Manuel Rivas; e Vinicius de Morais (1984). Tamén é autor da colección de relatos Informe Bestiario (1991) e das novelas Homes de ningures...
VER O DETALLE DO TERMO