"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de proletarizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparición dunha xema nun lugar non habitual. Xeralmente, as proliferacións danse nas flores, e orixinan novas flores ou novos brotes.

    2. Produción rápida e repetida dalgunha cousa.

    3. Relación entre o desenvolvemento das centrais nucleares para a produción de enerxía eléctrica e a diseminación da tecnoloxía nuclear para finalidades bélicas a causa dos materiais empregados na fabricación de armas nucleares, o uranio 235 e o plutonio 239, este último un subproduto da combustión do uranio nas centrais nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de prolongar ou de prolongarse.

    2. Parte prolongada dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de promover.

      1. Conxunto de actividades que se realizan para prestixiar un produto ou aumentar as súas vendas.

      2. promoción de empresas

        Acción de darlle pulo á constitución dunha empresa.

      3. promoción de vendas/dun produto

        Acción comercial de publicidade, despregada pola empresa sobre os consumidores ou intermediarios, para impulsar as vendas en xeral ou dun produto concreto.

    2. Ascenso dunha persoa a un grao académico ou a unha dignidade superior.

    3. Conxunto de persoas que obteñen ao mesmo tempo un título de estudos ou un emprego.

    4. Competición entre varios equipos ou deportistas para conseguir a súa clasificación nunha categoría determinada.

    5. Acción de fomentar as posibilidades materiais e as vantaxes dun grupo social para que poida acceder de forma honrosa a unha vida máis humana e que poida tomar individual ou colectivamente máis responsabilidades sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Coristanco a partir de decembro de 1989. Subtitulada “Revista da Federación de Escolas familiares Agrarias en Galicia”, estivo dirixida por E. Rodríguez Rendo. De carácter informativo, estivo dirixida ás escolas familiares do medio rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Favorecer ou estimular o consumo dun determinado produto. OBS: En galego é incorrecto o seu uso cos significados de promover.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Vigo en que se integra A Nosa Terra Edicións, dirixida por Cesáreo Sánchez. Edita o semanal A Nosa Terra, dirixida por Afonso Eiré, o boletín trimestral Cadernos monográficos de pensamento e cultura, e as publicacións semestrais A Nosa Cultura e A Nosa Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de promulgar.

    2. Acto solemne polo que o xefe de estado testifica a existencia dunha lei e ordena a súa observancia. É un acto distinto da publicación desde a Revolución Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento do antebrazo que ten como resultado facer que a man execute unha especie de rotación de fóra a dentro, quedando a palma da man mirando cara a abaixo, co brazo estendido cara a diante.

    2. Posición na que queda o antebrazo despois de facer este movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de propagar ou propagarse.

    2. Transmisión de ondas radioeléctricas a través dun medio determinado. As ondas van atenuándose coa distancia percorrida ao propagarse; esta atenuación, característica do medio, é expresada mediante a constante de propagación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Amigo de Ovidio, dedicouse á creación poética e foi protexido de Mecenas. Considerado un dos poetas elexíacos máis elegantes, escribiu catro libros de Elexías, en estrofas dísticas, do que o primeiro (Cynthia Monobiblos, 28 a C) está dedicado ao seu amor por Cynthia, así como o segundo e parte do terceiro, escritos entre os anos 27 e 22 a C. O cuarto libro apareceu postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de propiciar.

    2. Acto con que se tenta acougar a ira de Deus ou dos deuses e de conciliar o seu favor.

    3. Sacificio que se ofrecía na lei antiga para aplacar a xustiza divina e ter a Deus propicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é favorable, adecuado ou tendente a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación dunha parte co todo ou dunha cousa con outra, en canto á magnitude, cantidade ou grao.

    2. Importancia ou intensidade de algo.

      1. Igualdade de dúas razóns, fraccións ou cocientes. Na proporción a/b=c/d a e d chámanse extremos e b e c medios.

      2. proporción aritmética

        Igualdade de dúas diferenzas.

      3. proporción continua

        Sucesión de proporcións en que os sucesivos medios son iguais. Os termos dunha progresión xeométrica como 1, 2, 4, 8, 16,..., forman unha proporción continua: 1/2=2/4=4/8=8/16.

      4. proporción divina

        Proporción a/b=ö, onde ö é o número áureo


        FORMULA

    3. Relación matemática sistemática de dous elementos entre eles e con diversas partes dun conxunto, segundo un complexo de regras equivalentes ás métricas da poesía e da música, co obxectivo de producir un efecto de harmonía ou ben o de cinguirse a unhas normas teóricas ou a unhas convencións. Desenvolvéronse numerosos sistemas e teorías da proporción, entre os que cómpre destacar a teorización clásica fundamentada en Pitágoras, Euclides e Platón, formulada no módulo, no canon e na sección áurea, que determinou boa parte dos ciclos artísticos occidentais.

    4. Termo técnico da teoría musical medieval que servía para indicar as relacións entre os diferentes intervalos. Na notación denominada proporcional, as proporcións eran empregadas para crear diminucións ou aumentos dos valores de duración das figuras.

    5. Medidas de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de proporcionar.

    2. Que ten as debidas proporcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á proporción.

    2. Que ten proporción.

    3. Aplícase a dúas cantidades variables de razón constante fixa. Así, dise, por exemplo, que a área do círculo é proporcional ao cadrado do seu raio. Dúas cantidades proporcionais poden ser directamente proporcionais ou inversamente proporcionais, segundo unha creza ou decreza ao crecer a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de proporcional.

    2. alor constante da razón de dúas cantidades proporcionais.

    VER O DETALLE DO TERMO