"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Representación de Xesús cravado na cruz. Constitúe a figura central do tema iconográfico da crucifixión e recibe este nome cando a imaxe ten máis interese ca a cruz. As primeiras representacións de Cristo crucificado datan do s V, como a da porta de Santa Sabina en Roma. Nos primeiros tempos, os cristiáns representaban a cruz soa, quizais porque podía ser obxecto de burla; de feito, no Palatino de Roma consérvase a imaxe dun crucificado con cabeza de burro e coa inscrición “Alexamenos adora o seu deus”. Por outra banda, o Concilio de Elvira (305) prohibiu as imaxes do Cristo crucificado. En Oriente e, pola súa influencia, tamén en Occidente, o Cristo en cruz tivo primeiro un carácter triunfal, manifestado na vestidura, nalgunhas insignias imperiais e na actitude hierática. A imaxe de Cristo en maxestade pertence a esta corrente. Entre as primeiras representacións realizadas na Península Ibérica están a do Cristo de marfil de Fernando e Sancha, doado polos monarcas á igrexa de San Isidoro...

    2. Elemento ximnástico que se executa no aparato dos aneis e que consiste en permanecer agarrado cos brazos abertos en cruz de xeito que formen un eixe paralelo ao chan, mentres as pernas, o tronco e a cabeza quedan estendidos en forma perpendicular.

    3. Tumulto de persoas ou conxunto de cousas desordenadas ou confusas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino. Cristo era o segundo nome de Xesús de Nazaret como persoa na que se exemplificaron e cumpriron as promesas de Deus no Antigo Testamento. Etimoloxicamente, procede do grego Cριστός ‘o unxido, o Mesías’, latinizado en Christus, adxectivo verbal derivado de Cρίω ‘unxir con óleo’, equivalente ao hebreo bíblico Māšīa ḥ ‘o unxido, o escollido por Deus, o Mesías’. É un nome persoal moi frecuente na onomástica eslava. O Santo Cristo de Fisterra é un dos antigos patróns dos mariñeiros galegos; o Cristo da Victoria é patrón de Vigo e celébrase o primeiro domingo de agosto; o Cristo de Guende é o sábado antes do Corpus, e o de Fisterra, o domingo de Pascua. A festa de Cristo Rei foi instituída por Pío XI o 11 de decembro de 1925. Na tradición oral recóllense ditos como: “Uns nacen entre boas sabas e outros coma Cristo entre as pallas”, “San Xoán pediu a Cristo / que non o adormentase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado no Barco de Valdeorras. Trátase dunha construción barroca que conta cun albergue de peregrinos. No interior destaca o retablo maior da Ascensión, obra de Xosé Ferreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde relixiosa e militar fundada por don Denís en Portugal no 1319. Foi a herdeira da orde dos Templarios trala extinción ordenada por Clemente V en 1312. A súa residencia principal foi Castro Marim e, dende 1336, Tomar, onde Xoán III edificou un convento. En 1789 foi secularizada pola Raíña María I e adoptada polo Imperio do Brasil. Dende 1918 é unha orde honorífica que recoñece os servicios civís e militares. Os seus distintivos eran dúas cruces superpostas, vermella a primeira e branca a segunda. A banda é vermella. No Brasil as cruces non foron modificadas, pero presenta unha cinta azul bordada nunha banda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou do Cristo do Amparo Construción situada nas antigas murallas de Viveiro, considerouse como a súa porta principal. É de orixe medieval, segundo indica unha inscrición do muro. Consta de bóveda de medio canón e dunha fornela que acollía a imaxe de Cristo crucificado e que lle deu nome á porta. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación trimestral editada en San Salvador de Poio a partir de 1987 pola Asociación Cultural Cristóbal Colón. Dirixida por Xosé Lois Vila Fariña, contaba coa colaboración de Irene Temes, Carlos Loureiro Ferreira, Santiago Rosales, Novoa Álvarez e Eduardo Dargent, e co apoio do Museo de Pontevedra, a Casa de Colón de Valladolid e o mosteiro de Poio. Contiña información arredor de Cristóbal Colón e sobre o descubrimento de América. Incluíu diferentes reportaxes tituladas “Naves gallegas en los viajes de Cristóbal Colón”, “El idioma de Colón”, “Colón español, su origen y patria” “Portosanto e Cristóbal Colón” e “Cristóbal Colón, Gallego. Utopía o realidad?”. Á parte, inseriu poemas en galego de diversos autores, como Eduardo Pondal e Xaquina Trillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral polimorfo do grupo da sílice, de fórmula SiO2. Cristaliza no sistema regular e a miúdo preséntase en forma de pequenos cristais octaédricos ou tamén en forma de agregados arredondados. De cor branca, ten dureza 6,5 e densidade 2,32. Aparece en gretas e cavidades das rochas volcánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do nome ou do apelido galego Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cristocentrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente teolóxica e actitude crente que insiste no lugar central de Cristo dentro da fe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Comezou a súa formación como carpinteiro, ebanista e tallista para despois estudar na Escola de Belles Arts de Barcelona. Participou en 1936 na Exposición Loxicofobista de Barcelona. A súa estética é surrealista e, aínda que cultivou a arte figurativa, realizou obras metálicas onde empregou materiais de refugo como ferros ou variñas dos paraugas. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Constructor italiano de instrumentos de teclado. Serviu na corte florentina de Fernando de Medici e dedicouse á elaboración de claves e pianos. A partir do 1720 as súas creacións incorporaron todos os elementos do pianoforte moderno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da teoloxía que trata da persoa e da obra de Cristo. Tradicionalmente, aplícase ao tratado dogmático sobre a esencia de Cristo e á unión nel das naturezas humana e divina; o estudo da súa misión redentora recibe o nome de soterioloxía. O desenvolvemento teolóxico-dogmático dos cinco primeiros séculos, sobre todo cos concilios de Nicea (325), Constantinopla (381) e Calcedonia (451), orixinou unha dobre problemática cristolóxica. Despois de diversas especulacións (adopcionismo, docetismo, nestorianismo, monofisismo, etc), abordouse a interpretación da filiación divina de Cristo, que deu pé á elaboración da teoloxía trinitaria, e ao problema das relacións desta filiación coa esencia de Cristo, que levou á doutrina da encarnación. Desta liña especulativa, tradicional na teoloxía católica e compartida modernamente por algúns teólogos protestantes (Brunner e Barth) e que se denomina cristoloxía descendente, a síntese tomista elabora un tratado unitario (De Verbo Incarnato)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cristoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Teixeira baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou San Cristovo de Cristosende Igrexa situada na Teixeira. De estilo barroco, construíuse en 1726. No exterior destaca a portada principal formada por un arco de medio punto e os retablos coas imaxes pintadas da Inmaculada Concepción e san Xosé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome propio cristián-romano que provén do grego Cριστο ϕ ορος ‘portador de Cristo, o que leva a Cristo’, composto de Cριστός ‘o unxido, o Mesías, Cristo’ e ϕ όρος, voz derivada do verbo ϕ ορέω ‘levar, portar’. Amais de nome persoal, tamén é un apelido patronímico; documéntase xa no s XII baixo a forma de xenitivo patronímico: “Menendus Cristofori” (doc ano 1166 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 538). Na época medieval recibía tamén sufixo patronímico, aínda que esta construción non chegou a sobrevivir: “Gundisaluus Christoualiz” (doc ano 985 en M. Lucas Álvarez, El tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 424). Adoita aparecer grafado cun -b- non etimolóxico: Cristobo. San Cristovo (s II) celébrase o 10 e o 25 de xullo. A reforma...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Cristóforo (? - 906) Antipapa. Encarcerou a León V e consagrouse como papa no 904. Posteriormente, foi derrocado por Serxio III e recluído nun convento ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1252-1259). Gobernador das illas Falsten e Lealand, foi nomeado rei trala morte dos seus irmáns Abel e Erik. O seu reinado caracterizouse polo enfrontamento cos bispos.

    VER O DETALLE DO TERMO