cristobalita

cristobalita

(

s f [MINERAL]

Mineral polimorfo do grupo da sílice, de fórmula SiO2. Cristaliza no sistema regular e a miúdo preséntase en forma de pequenos cristais octaédricos ou tamén en forma de agregados arredondados. De cor branca, ten dureza 6,5 e densidade 2,32. Aparece en gretas e cavidades das rochas volcánicas.