Cristóbal Colón
Publicación trimestral editada en San Salvador de Poio a partir de 1987 pola Asociación Cultural Cristóbal Colón. Dirixida por Xosé Lois Vila Fariña, contaba coa colaboración de Irene Temes, Carlos Loureiro Ferreira, Santiago Rosales, Novoa Álvarez e Eduardo Dargent, e co apoio do Museo de Pontevedra, a Casa de Colón de Valladolid e o mosteiro de Poio. Contiña información arredor de Cristóbal Colón e sobre o descubrimento de América. Incluíu diferentes reportaxes tituladas “Naves gallegas en los viajes de Cristóbal Colón”, “El idioma de Colón”, “Colón español, su origen y patria” “Portosanto e Cristóbal Colón” e “Cristóbal Colón, Gallego. Utopía o realidad?”. Á parte, inseriu poemas en galego de diversos autores, como Eduardo Pondal e Xaquina Trillo.