"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
PERSOEIRO
Político. Corrixidor de Madrid, foi o instigador do Motín dos Gatos (1699), contra o conde de Oropesa. Na Guerra de Sucesión Española serviu no bando borbónico e Filipe V nomeouno presidente do Consello de Castela, cargo do que foi destituído en 1714.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e político. Alcalde de Zamora, ao estoupar a revolta dos comuneiros decantouse polos realistas e foi derrotado en Segovia por Bravo e Padilla. Ordenou incendiar a cidade de Medina del Campo (1520) e iso comportoulle a súa destitución, pero foi restaurado nos seus cargos por Carlos I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Figura que representa a torre no xogo do xadrez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que probablemente está formado sobre a forma medieval Rochus que é latinización dunha raíz xermánica, quizais de hruc/hroks ‘choia‘, ‘corvo’, derivado de hrukjan ‘falar en voz alta’, latinizado en Crocus. Outra hipótese relaciónao co baixo alemán rôke ‘coidado, atención’, e outra co antigo nórdico hrókr ‘home grande e forte’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festa patronal que se celebra anualmente en Betanzos. Destaca o globo que se eleva a noite do 16 de agosto. Claudino Pita Pandelo deseñou un novo modelo en 1875 e desde entón continúan coa tradición os seus descendentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio situado no concello de Garafía, na illa de La Palma, Canarias, a unha altura duns 2.400 m, no monte do mesmo nome, preto da chamada Caldera de Taburiente. Construído con colaboración internacional, foi inaugurado en 1985 e conta co telecopio NOT.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Residiu en Montpellier entre 1295-1327 pero, orfo desde os vinte anos, repartiu as súas riquezas entre os pobres e tomou o hábito franciscano. Atribuíronselle peregrinacións a Santiago de Compostela, Roma e Xerusalén, nas que se di que coidaba dos apestados polo camiño. Tras contaxiarse, retirouse a un monte a onde un can lle levou a comida ata que un anxo o curou. Considerado avogoso da peste, das chagas, da boa morte e protector dos cans de palleiro, o seu culto estendeuse por toda Europa no s XV, a miúdo asociado ao de san Sebastián. Iconográficamente representouse como un home de mediana idade, barbado, con vestiduras nobres, chapeu de ala ancha, mochila pendurada ao ombreiro e bordón, cunha cabaza nunha man, mentres que coa outra ergue a túnica para amosar as chagas da perna. Como elementos simbólicos porta unha ou varias vieiras (peregrinación a Santiago de Compostela), dúas chaves cruzadas (a Roma) e a palma (a Terra Santa). Representouse cun anxo cunha redoma (co que...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo semiduro orixinario de Roquefort (Aveiron, Languedoc), elaborado xa en tempos da ocupación romana, feito con leite de ovella e madurado en covas frías e húmidas con fungos do xénero Penicillium, especialmente P. glaucum, que lle produce vetas azuis e lle dan un gusto característico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte superior da roca onde se colocan a la ou o liño para fialos.
-
-
Relativo ou pertencente ás rochas.
-
Que está construído sobre elas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao rock and roll.
-
Que ou quen amosa afección polo rock and roll.
-
Persoa que interpreta rock and roll.
-
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago do mar das Antillas, Venezuela (120 km2; 2.245 h [1990]). Situado ao N de Caracas, constitúe unha dependencia federal de Venezuela. Ten ao redor de 365 pequenas illas e arrecifes que na súa gran maioría están deshabitadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Publicou tamén diversos contos, como os Sòmnis dau matin (1940), Sòmnis de la muòch (1942), La pietat dau matin (1963), Vèrd Paradís (1961), Vèrd Paradís II (1974) e Lo maucòr de`l unicorn (1988). Tamén cultivou a poesía e a prosa occitana. Foi un dos fundadores do Instituto de Estudos Occitanos (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado na costa occidental do golfo de Almería (50.096 h [2001]). Porto pesqueiro e turístico, destacan as súas salinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ornamento litúrxico de liño branco, análogo á sobrepeliz, con mangas estreitas, pechado e beirado normalmente cunha ampla punta bordada, que visten os bispos e outros dignitarios eclesiásticos.
-
sobrepeliz.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (6.650 h [2001]). Predomina a agricultura de secaño (oliveiras). Destacan as granxas de aves, ademais da gandaría porcina, ovina, bovina e a cría de coellos. As industrias máis importantes son do ramo alimentario, da madeira, papeleira, de transformados metálicos, de electrónica e de maquinaria agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
rocón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doce en forma de rosca pequena, feito de masa fritida e cuberto de azucre derretido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai ou vende rosquillas.
-
-
Anormalidade da voz que se volve ronca e pouco clara.
-
Afección inflamatoria da larinxe que provoca a perda temporal da voz.
-