Roque
Roque
[ONOM]
Antropónimo masculino que probablemente está formado sobre a forma medieval Rochus que é latinización dunha raíz xermánica, quizais de hruc/hroks ‘choia‘, ‘corvo’, derivado de hrukjan ‘falar en voz alta’, latinizado en Crocus. Outra hipótese relaciónao co baixo alemán rôke ‘coidado, atención’, e outra co antigo nórdico hrókr ‘home grande e forte’.