"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Facer que unha cousa teña a debida proporción con respecto a outra ou a outras.

    2. Pór algo que se necesita ou convén a disposición de alguén.

    3. Producir ou causar un determinado sentimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de propoñer ou propoñerse.

      2. proposición de lei /

        Texto que contén prescricións normativas que se presenta no Parlamento baixo a iniciativa do Congreso, do Senado ou das asembleas das comunidades autónomas. Se o presenta o goberno, fálase de proxecto de lei.

      1. Enunciado, sobre todo de carácter doutrinal, filosófico, teolóxico ou dogmático.

      2. proposición de fe

        Verdade de fe.

      1. Contido lóxico do xuízo, do acto mediante o que se afirma ou nega algo (predicado) dalgunha cousa (suxeito) na lóxica tradicional. Entre as diferentes divisións cómpre mencionar a correspondente á distinción entre proposición simple, tamén denominada categórica, predicativa ou enunciativa, en que un concepto se une a outro mediante a cópula, e proposición composta, resultante da combinación de proposicións simples ou dunha destas con outros termos ou elementos.

      2. Sentenza, na lóxica simbólica, cun esquema cuantificacional atómico que inclúe letras predicadas (‘F’, ‘G’, ‘H’; correspondentes ao verbo ou predicado verbal) e letras argumentos (‘w’, ‘x’, ‘y’, ‘z’; correspondentes ao suxeito). No esquema loxístico, prescíndese da representación tradicional de proposición (un suxeito e un predicado unidos pola cópula ‘e’), e establécese, en cambio, que nas proposicións un predicado é afirmativo dun argumento. O atomismo lóxico divide as proposicións en atómicas e compostas, e estas en negativas, disxuntivas, conxuntivas e hipotéticas.

      3. Contido de coñecemento diversamente determinado segundo a súa orixe ou validez, nunha perspectiva e valoración epistemolóxicas e non simplemente lóxicas do xuízo. Neste sentido as proposicións divídense en a priori e a posteriori, segundo sexan independentes ou dependentes da experiencia.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á proposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de propugnar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de prorrogar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de proscribir.

    2. Prohibición de algo.

    3. Anuncio público, entre os romanos, da poxa dos bens dun debedor. Indicaba tamén por ilación, a pena de exilio con confiscación dos bens. Na Idade Media significaba o exilio forzoso por causas políticas ou a pena capital sen xuízo previo.

    4. Poxa dos bens dun debedor fuxitivo en beneficio dos seus acredores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. proseguimento.

    2. Acción de perseguir a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de pór en prosificar. É propia sobre todo de literaturas en que a prosa está aínda nun estado incipiente. Frecuente nas crónicas medievais, permitiu deducir a existencia de numerosos cantares de xesta, que o autor utilizaba como fontes históricas sen acabar de eliminar o ritmo primitivo do verso e as rimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de operacións e técnicas destinadas á localización de xacementos de hidrocarburos, de minerais ou depósitos subterráneos de auga, baseadas no estudo dos caracteres superficiais do terreo. A partir da década de 1920, co afán da busca de minerais -en particular de petróleo-, comezaron a se adaptar cada vez máis as técnicas xeofísicas que, orixinariamente, foran ideadas para investigar a estrutura profunda da Terra, ata que foron aplicadas ao problema das estruturas xeolóxicas pouco profundas, en traballos de enxeñaría civil. O seu obxectivo é detectar e localizar corpos, estruturas ou superficies xeolóxicas e, cando sexa posible, determinar as dimensións, a profundidade, ou algunha das súas propiedades físicas. Os métodos xeofísicos máis empregados son gravimétricos, magnéticos, eléctricos e sísmicos, segundo se estude e midan as perturbacións do campo gravitatorio terrestre ou do seu campo magnético, as variacións da condutividade eléctrica no subsolo ou as ondas captadas ou producidas...

    2. Conxunto de operacións e técnicas destinadas á localización ou identificación de xacementos arqueolóxicos. Dos medios utilizados destacan o traballo con fontes documentais (fontes escritas, debuxos, fotografías), orais (folclore, toponimia), e de diversos métodos de recoñecemento: visuais, fotográficos, eléctricos, magnéticos, acústicos ou xeoquímicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de prosternarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de prostituír ou de prostituírse.

    2. Práctica de acordar, de forma habitual e profesional, o mantemento de relacións sexuais con finalidade de lucro. A sociedade occidental rexeitou este tipo de prácticas, mentres que outras, sobre todo asiáticas, non. Tamén existiu unha prostitución sagrada en todo o Oriente antigo. En Babilonia e Oriente Medio exercíase nos templos de Astarte e Marduk como rito de fecundidade, e en India existen as danzarinas, que viven nos templos. Fóra do campo sagrado, existía en Grecia a institución refinada das heteras. Os primeiros movementos en favor das prostitutas iniciáronse en EE UU a finais do s XIX, e posteriormente algúns movementos feministas reivindicaron os seus dereitos laborais e sindicais. En España foron prohibidas por decreto as casas de prostitución (1956), pero non o exercicio do tráfico ilícito. A tendencia lexislativa foi xeralmente a de abolir o uso, aínda que a inoperancia dos decretos e as persecucións aconsellaron limitarse a unha regulación administrativa con vista ao control,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de prostrar ou de prostrarse.

    2. Estado de abatemento extremo, físico ou anímico. Nalgúns casos pode darse perda completa das forzas musculares, que se observa nas formas graves das enfermidades agudas e que vai acompañada a miúdo de estupor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de protexer ou de protexerse.

      1. Cousa ou persoa que protexe.

      2. protección de menores

        Órgano xurisdicional integrado no poder xudicial coa denominación de xulgado de menores, ao que corresponde o exercicio das funcións reformadoras establecidas polas leis para os menores de idade, autores de feitos que a lei tipifica como delito ou falta. En todas as lexislacións foron abolidas as penas para os menores delincuentes e substituíronse por medidas educativas e de reintegración social.

      3. protección diplomática

        Dereito que un estado exerce no estranxeiro en proveito dos seus propios súbditos ou doutras persoas de estados protexidos ou considerados protexidos.

    2. Axuda ou amparo que recibe alguén.

    3. Conxunto de medidas establecidas para salvagardar a actividade económica nacional.

    4. Sistema que detecta e elimina calquera defecto ou anomalía que se pode producir nunha liña, máquina ou instalación eléctrica.

    5. Operación que consiste na transformación dun grupo funcional noutro máis estable ao longo da secuencia sintética á que se somete unha molécula, e que se pode converter no grupo funcional orixinal, mediante unha desprotección. Normalmente, lévase a cabo unha protección mediante a introdución dun grupo protector, o que ten que cumprir as condicións de ser fácil de inserir mediante unha reacción de mecanismos coñecidos e que as condicións desta non alteren os outros grupos funcionais presentes, ser estable nas condicións ás que hai que someter o substrato ao longo da secuencia sintética e ser facilmente eliminable, sen alteración do resto da molécula. Os grupos protectores empréganse na síntese de estruturas complexas, como o son a maioría das dos produtos naturais, e constitúen un dos elementos de control que máis se empregan en síntese orgánica.

    6. Pezas ou estruturas que, nalgúns deportes, serven para protexerse contra os golpes.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Política económica dirixida a protexer a economía dun estado, defendendo os seus produtos da competencia estranxeira. Esta política pode ir desde a prohibición da importación ou a exportación, ata a utilización dos aranceis como instrumentos desta protección, graduando a subida dos dereitos segundo a intensidade proteccionista que se queira asegurar. Esta foi a política escollida polos estados nacionais nacentes e por países menos desenvolvidos, e tivo a súa expresión no mercantilismo (ss XVI e XVII). Tratábase de gravar as entradas de produtos manufacturados e as saídas das materias primas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao proteccionismo.

    2. Partidario do proteccionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación simbiótica entre individuos de diferentes especies na que todos se benefician. É máis primitiva ca o mutualismo, do que se diferenza polo menor beneficio mutuo que obteñen as especies implicadas, e porque non chegan a facerse nunca indispensables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado na confluencia dos ríos Záncara e Rus, que drenan o termo (2.557 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e nas industrias vinícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento previo para a xestión directa de servizos públicos provinciais de natureza económica, mercantil ou industrial. Pode efectuarse en réxime de libre concorrencia ou de monopolio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de provocar.

    2. Acción de incitar a perpetrar un delito. En España considérase un paso na comisión dun delito e, se se comete, unha participación castigada como unha indución. Precedendo a provocación da ofensa constitúe unha causa atenuante da culpabilidade do axente e suprime a consideración de lexítima defensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de proxectar.

      1. Acción e resultado de representar unha rexión da superficie terrestre sobre un plano. En esencia, consiste en especificar un método para facer corresponder os puntos do globo terráqueo cos puntos do plano escollido, que é necesariamente o resultado do desenvolvemento dunha superficie desenvolvible. A correspondencia entre os puntos do globo e os puntos da superficie desenvolvible pode facerse de diversas maneiras, pero prodúcense inevitablemente algunhas das seguintes alteracións: deformación da escala (a escala non é a mesma en todos os puntos do mapa), deformación da área (áreas iguais no globo non determinan áreas iguais no mapa) e deformación da forma (a zona proxectada non ten a mesma forma ca a zona orixinaria). A elección dun tipo de proxección faise co obxectivo de minimizar algunha das deformacións para satisfacer os obxectivos concretos do mapa que se quere realizar. Así, cando o mapa teña que ser ilustrativo, convirá que conserve a forma, pero cando teña que amosar propiedades...

      2. proxección acimutal

        Proxección obtida a partir da cónica simple ao facer tender o cono nun plano, en que se sitúa unha rede de meridianos e paralelos equidistantes. É especialmente útil na navegación aérea.

      3. proxección conforme de Gauss

        Proxección transversal de Mercator en que os meridianos de tanxencia son o de Greenwich e o situado a 180°.

      4. proxección cónica múltiple/policónica

        Proxección en que se divide un hemisferio en bandas determinadas lonxitudinalmente de lado a lado duns paralelos en concreto, que se empregan como paralelos de referencia de ambas proxeccións cónicas simples. Utilízase para realizar mapas nacionais a grande escala ou follas topográficas.

      5. proxección cónica secante/de Albers

        Tipo de proxección cónica en que se proxecta un hemisferio sobre un cono secante no globo por dous paralelos, denominados paralelos de referencia. Se se escollen axeitadamente, conséguese que a proxección sexa equivalente.

      6. proxección cónica simple/equivalente de Lambert

        Tipo de proxección cónica en que se proxecta un hemisferio sobre un cono, tanxente ao globo terráqueo, por un paralelo que se denomina paralelo de referencia.

      7. proxección de Lambert/conforme de Lambert

        Proxección cónica conforme en que a superficie da Terra se proxecta sobre unha icona tanxente ao longo dun paralelo.

      8. proxección de Mercator

        Proxección cilíndrica conforme, que proxecta a superficie da Terra sobre un cilindro tanxente ao Ecuador. Emprégase para a realización de cartas náuticas.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO