"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1320-1326 e 1330-1332) e duque de Estonia (1303). Sucedeu ao seu irmán Erik IV, logo de destronalo e pactar cos bispos e cos nobres o mantemento das súas liberdades. Ao non respectar os acordos, os nobres destronárono en 1326 e instauraron no trono a Valdemar III. No 1330 recuperou a coroa, aínda que a nobreza volveu derrocalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1440-1448), de Suecia (1441-1448) e de Noruega (1442-1448). Sucesor en Dinarmarca de Erik de Pomerania, fomentou o comercio interior e exterior e loitou contra a Liga Hanseática. Promoveu un goberno autóctono en cada reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Siria?, s II) Mártir cristián lendario. Segundo unha lenda do s XI, foi un príncipe cananeo que nun principio estivo ao servizo do demo. Logo, ocupouse de pasar viaxeiros sobre os seus fortes ombreiros por un torrente. Disque un día se lle apareceu Cristo baixo a forma dun neno e recoñeceuno polo seu peso; foi daquela cando comezou a súa predicación co nome co que se coñece Christophorus ‘portador de Cristo’. Sufriu martirio en tempos do Emperador Decio (249-251). A reforma litúrxica do Concilio Vaticano II eliminouno do calendario romano, aínda que é dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII) e en Oriente xa está documentado no s V. Na Idade Media, o seu culto era moi popular en Occidente. A súa advocación principal é a de protexer contra a “mala morte”, sen recibir os sacramentos da unción dos enfermos; aínda que por ter prestado servicios a viaxeiros e camiñantes a tradición converteuno en patrón dos automobilistas, aviadores, alpinistas, atletas,...
-
PERSOEIRO
Entallador. Pertencente ao círculo de Juan de Angés, cara ao 1598 rematou o retablo da Nosa Señora dos Remedios en Vilamaior do Val (Verín).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo, historiador, crítico de arte e político italiano. Comezou a súa andaina política como senador (1910), ministro de Educación (1920-1921) e, trala caída do fascismo, foi ministro (1944), presidente do Partido Liberal (1947) e deputado e senador (1948). Fundou en Nápoles o Instituto de Estudios Históricos (1947). A primeira sistematización da Filosofia dello spirito (Filosofía do espírito), corpus do seu pensamento, foi L’estetica come scienza dell’espressione e linguistica generale (A estética como ciencia da expresión e da lingüística xeral, 1902), na que identificou o espírito coa realidade enteira e distinguiu catro formas de actividade espiritual: a teorética e a práctica que, xeminadas en formas individuais, deron a fantástica e a económica; e divididas en formas universais produciron o pensamento lóxico e a acción moral. Entendeu a arte como unha intención lírica, como unha imaxe fragmentaria da realidade. En Il carattere...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘cor’.
-
-
Anión de fórmula CrO 4 -2 que se pode considerar derivado do ácido crómico por perda dos hidróxenos.
-
Calquera sal do ácido crómico. En disolución, os cromatos teñen cor amarela, por mor da presenza do ión cromato. A disolución acuosa dun cromato ten carácter básico, debido ao paso de cromato a dicromato por hidrólise, segundo a reacción: 2CrO 4 -2 ⇋Cr 2 O 7 -2 +2OH - . En solución ácida o equilibrio está completamente desprazado cara á dereita, 2CrO 4 -2 +2H + ⇋Cr 2 O 7- 2 +H 2 O. Por esta razón, obtéñense os dicromatos tratando un cromato con ácido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
crom(a/ato/o)-.
-
-
Cada unha das células dérmicas cheas de pigmentos que hai en determinados animais e que se contraen controladas polo sistema nervioso central, feito que orixina cambios de cor.
-
Na citoloxía botánica, calquera clase de plastidio sobre todo cando a súa cor non é verde.
-
Orgánulo arredondado, de estrutura non lamelar, onde se concentran os pigmentos asimiladores nas bacterias fotosintetizadoras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de separación baseado no diferente grao de retención que presentan os compoñentes dunha mestura problema, disolta nunha fase líquida ou gasosa, ao interaccionar ao longo dunha fase estacionaria, que pode ser sólida ou ben líquida, impregnando un soporte inerte. Empregouna por primeira vez M. S. Tswett en 1903 na separación de pigmentos vexetais. Nos anos trinta esta técnica xeneralizouse e, desde aquela, a súa evolución foi ininterrompida por mor da súa gran potencialidade para a separación de mesturas complexas de substancias orgánicas de interese farmacolóxico, bioquímico ou ambiental, e dalgunhas substancias inorgánicas, detectables en canto á súa concentración por debaixo dos mg/l. As técnicas cromatográficas en columna poden dividirse, segundo a natureza da fase móbil empregada, en cromatografía de gases e cromatografía de líquidos. Dentro da cromatografía de gases, segundo o tipo de interacción entre os solutos e a fase estacionaria, distínguense dous tipos: a cromatografía...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cromatografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato necesario para levar a cabo unha separación cromatográfica. A súa estrutura xeral (de gases ou de líquidos) consta dun inxector, a través do que se introduce a mostra que se transporta pola fase móbil (gas portador ou líquido, segundo o caso) á columna que contén a fase estacionaria, onde se separan os compoñentes da mestura. A corrente que sae da columna chega a un sistema de detección que pode ser: de ionización de chama, de captura de electróns e outros, en cromatografía de gases; e de UV-VIS ou electroquímico, entre outros, en cromatografía de líquidos. O rexistro do sinal deste detector constitúe a curva de elución a partir da que é posible identificar e cuantificar cada compoñente da mostra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfica producida polo cromatógrafo (curva de elución) que permite identificar e cuantificar os compoñentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte periférica do citoplasma das cianobacterias onde se localizan os pigmentos asimiladores.
-
-
Capacidade visual de percibir as cores.
-
isión na que os obxectos se perciben coloreados de xeito anormal.
-
-
-
Anión de fórmula CrO 2- que se pode considerar derivado do ácido cromoso por perda do hidróxeno.
-
Calquera sal do ácido cromoso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás algas caracterizadas pola presenza de plastos acastañados ou dourados, xa que son ricos en carotenos, e pola carencia de clorofila b.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de impresión litográfica en tintas inventado por Aloys Senefelder. Consiste no uso dun gravado en pedra ou en prancha de aluminio ou cinc para cada cor que se quere imprimir, ao que se lle aplica un sistema de impresión sucesiva idéntico ao empregado na litografía en negro. Con este procedemento pódense obter carteis, reproducións en cor, etc. OBS: Nun rexistro coloquial tamén se emprega a forma abreviada cromo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cromolitografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plasto que contén soamente pigmentos non asimiladores, polo xeral amarelos ou vermellos.