cromatóforo

cromatóforo

(< cromato- + -foro)

  1. s m [ZOOL]

    Cada unha das células dérmicas cheas de pigmentos que hai en determinados animais e que se contraen controladas polo sistema nervioso central, feito que orixina cambios de cor.

  2. s m [BOT]

    Na citoloxía botánica, calquera clase de plastidio sobre todo cando a súa cor non é verde.

  3. s m [MICROB]

    Orgánulo arredondado, de estrutura non lamelar, onde se concentran os pigmentos asimiladores nas bacterias fotosintetizadoras.

Palabras veciñas

cromatismo | cromato | cromato- | cromatóforo | cromatografía | cromatográfico -ca | cromatógrafo