"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Intento de reforma da Constitución de 1845 que tentou impoñer Juan Bravo Murillo. De carácter ultraconservador, limitaba o poder das Cortes en beneficio da Coroa e as liberdades políticas. Non obtivo o apoio do poder lexislativo, o que motivou a súa saída do goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto presentado polo Partido Republicano Democrático Federal de Galicia en 1887. Contou con 100 artigos divididos en XVI títulos en que desenvolvía o conxunto de principios básicos dun estado de carácter federal, autónomo e soberano dotado dun goberno baseado nun sistema democrático e republicano. Definiu a Galicia como un estado integrante da nación española. Establecía diversos dereitos fundamentais, o sufraxio universal, e a capacidade de autoorganización do Estado galaico. O seu ámbito territorial integraba as catro provincias, mantiña os modelos de organización local vixentes e baseábase na separación dos poderes executivo, lexislativo e xudicial. O seu órgano de representación lexislativa era a Asemblea Rexional. Definiu tamén outros aspectos fundamentais como a facenda, o exército e a educación, e estableceu as atribucións dos municipios como entidades autónomas no seu ámbito de actuación. Non chegou a aprobarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta cristián e apoloxista. Nobre hispano-romano, triunfou na carreira administrativa, pero abandonouna para entregarse á poesía. Cultivou a poesía lírica e épico-didáctica e foi coñecido como o ‘Virxilio e Horacio dos cristiáns’. Escribiu o Cathemerinon ou Libro dos himnos do día, o Peristephanon, Libro de coroas, en honor aos mártires; a Apotheosis, sobre a divindade de Cristo; a Hamartigenia, sobre a orixe do pecado; a Psichomachia, sobre o ideal ascético da vida interior; o Dittochaeon, sobre temas bíblicos; e o Contra Symmachum, contra o paganismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Levou unha vida solitaria, xunto con san Saturio, nunha cova á beira do Duero, preto de Soria. Sancho, bispo de Tarazona, fíxoo arcediago e sucedeuno á súa morte. Foi sabio e converteu un gran número de pagáns. Na súa iconografía represéntase vestido de bispo, en actitude de bendicir o pobo. A súa festividade celébrase o 28 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do latín Prudentius, de prudentĭa ‘coñecemento, sabedoría’, derivado á súa vez de prudens ‘previsor, prudente’. O nome tamén pode ser tomado, no cristianismo, dunha das catro virtudes cardinais, que permite distinguir o bo do malo. Presenta o hipocorístico feminino Pencha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de implantación do embrión no aparato reprodutor feminino na que unha parte do oviduto se transforma nunha especie de útero, establecendose unha asociación íntima entre o saco vitelino do embrión e o revestimento do útero, sen que chegue a constituírse unha verdadeira placenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de publicar.

    2. Obra ou escrito publicado.

      1. publicación de leis

        Acto legal polo que o texto das leis promulgadas chega ao coñecemento do público, xa sexa por unha proclamación solemne oral, xa pola aparición nas publicacións periódicas oficiais, sendo un requisito esencial para a existencia da norma legal. O período entre a publicación e a entrada en vigor da lei, vacatio legis, é de vinte días, se non se menciona outro prazo. En España son publicadas no Boletín Oficial del Estado (BOE) e en Galicia no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no BOE, contando como data para a súa entrada en vigor a do DOG.

      2. publicación de sentenza

        Acto legal de recepción do veredito polo público, que indica que se fai efectivo para as partes e para terceiros. A publicación faina o xuzgado que a ditou, léndoa en audiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento metalúrxico de obtención de ferro industrial ou de aceiro de baixo contido de carbono, xa en desuso. Foi inventado en 1787 polo inglés Cort (1740-1800). Nun forno de reverberación, engádeselle unha escoura ferruxinosa ao baño de ferro coado líquido. O carbono elimínase e as impurezas acumúlanse na escoura, que se separa do ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de pulsar.

      1. Golpe, presión ou toque que se realiza coa man ou coa xema dos dedos, especialmente nun teclado.

      2. Cada un dos caracteres, espazos en branco ou letras que forman un texto impreso, especialmente o mecanografado.

      1. Cada un dos toques que se efectúan sobre as teclas ou as cordas dun instrumento.

      2. Maneira particular de pulsar un músico un instrumento.

      3. Maneira en que o instrumento responde ao xeito de ser pulsado.

    2. Latexo do corazón e das arterias.

    3. [ω]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de pulular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de pulverizar ou de pulverizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Operación que consiste en introducir un trocar, unha agulla ou un bisturí nunha parte ou nunha cavidade do corpo, para dar saída a un líquido normal ou patolóxico.

      2. punción esternal

        Punción que se practica no esterno para conseguir medula ósea.

      3. punción exploradora

        Punción que ten por obxecto obter un líquido para precisar un diagnóstico.

      4. punción lumbar

        Punción que se realiza na rexión lumbar co fin de extraer líquido cefalorraquídeo (para examinalo ou para diminuír a presión), ou para inxectar substancias no espazo subaracnoidal con finalidade diagnóstica, terapéutica ou anestésica.

      5. punción suboccipital

        Punción que se practica na cisterna posterior, pasando a agulla entre o occipital e o atlas, co fin de extraer líquido cefalorraquídeo.

    1. Ferida feita cun obxecto punzante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de punir ou castigar.

      1. Acción xudicial de impor unha pena a alguén para facerlle expiar un delito ou unha falta.

      2. Pena inherente a un delito, falta ou omisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de puntuar.

      1. Maneira de puntuar.

      2. signos de puntuación

        Signos ortográficos que se utilizan na escrita para marcar pausas, entoacións ou incisos e facilitar así a súa correcta comprensión. Son signos de puntuación a coma, o punto e coma, os dous puntos, o punto, os puntos suspensivos, o signo de interrogación e o de exlamación, o guión ou trazo, a raia, as parénteses, os corchetes e as comiñas.

    1. Número de puntos conseguidos nunha competición, nun xogo ou nun exame.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de puntualizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para mellorar as características de transmisión dun cable mediante a introdución dunhas bobinas de elevada indutancia (bobinas de Pupin ou de carga), a intervalos regulares en cada unha das parellas do cable, polo que aumenta a impedancia característica dos circuítos, e como consecuencia diminúe a atenuación e a distorsión da frecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de purgar ou de purgarse.

    2. Expiación das culpas veniais e dos pecados temporais, sobre todo no purgatorio.

    3. Acto solemne da Idade Media co que unha persoa acusada publicamente podía purgar a infamia, é dicir, desculparse de todos os efectos xurídicos, poñendo a Deus por testemuña da propia inocencia. A Igrexa recoñecía para un eclesiástico a purgación canónica. Non recoñecía as ordalías.

      1. Evacuación de pus, de humores naturais ou patolóxicos, debido ao efecto dunha substancia purgante.

      2. blenorraxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de purificar ou purificarse.

      1. Conxunto de accións, ritos e cerimonias que establecen ou restablecen unha persoa ou un grupo social na condición física, cultural e espiritual que un determina de acordo coas tradicións relixiosas, válidas nun ámbito socio-cultural concreto. Ademais do pecado, hai numerosas impurezas que necesitan estes ritos. Como medio de purificación, á parte dos diversos ritos expiatorios, hai que considerar o lume. A proba e a purificación do home no xuízo final producirase, segundo san Paulo, a través do lume, mentres que Xoán Bautista fala do bautismo de lume que leva Xesús ao mundo. A auga é un dos medios de purificación máis importantes en todas as culturas, e o baño un dos ritos máis correntes, así como o seu substituto, a aspersión.

      2. Acto de limpar co purificador, na liturxia romana, algúns obxectos que estiveron en contacto co sagrado, como o cáliz e a patena despois das ablucións na misa.

      3. purificación de María

        Rito realizado pola Virxe María corenta días despois do parto, tal e como prescribía a lei mosaica. A súa festa celébrase o 2 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén do latín purificatĭōnem, de purifico ‘purificar, expiar’, formado de purus ‘puro, limpo’ e facio ‘facer’. Presenta a variante Pura e os hipocorísticos Puriña, Puri e Purfica. Nas crónicas, como nome feminino, refírese á festa católica da Purificación de María. A festa xa se celebraba no s IV en Xerusalén, segundo conta Exeria. No s VI era festa importante no santuario da Blancherna en Constantinopla. En Occidente difundiuse desde o s VII para substituír unhas festas pagás en honor de Plutón. O uso das candeas naceu na procesión que en Xerusalén instituíu Ikelia, pero que non aparece en Occidente ata o s X. En 1960 Xoán XXIII mudou a denominación desta festa en Presentación de Cristo no Templo. A súa festividade celébrase o 2 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de podrecer.

    2. Descomposición das substancias orgánicas mortas mediante a acción de enzimas microbianos.

    VER O DETALLE DO TERMO