purificación
(
-
s
f
Acción e efecto de purificar ou purificarse.
-
-
s
f
Conxunto de accións, ritos e cerimonias que establecen ou restablecen unha persoa ou un grupo social na condición física, cultural e espiritual que un determina de acordo coas tradicións relixiosas, válidas nun ámbito socio-cultural concreto. Ademais do pecado, hai numerosas impurezas que necesitan estes ritos. Como medio de purificación, á parte dos diversos ritos expiatorios, hai que considerar o lume. A proba e a purificación do home no xuízo final producirase, segundo san Paulo, a través do lume, mentres que Xoán Bautista fala do bautismo de lume que leva Xesús ao mundo. A auga é un dos medios de purificación máis importantes en todas as culturas, e o baño un dos ritos máis correntes, así como o seu substituto, a aspersión.
-
s
f
Acto de limpar co purificador, na liturxia romana, algúns obxectos que estiveron en contacto co sagrado, como o cáliz e a patena despois das ablucións na misa.
-
purificación de María
[RELIX]
Rito realizado pola Virxe María corenta días despois do parto, tal e como prescribía a lei mosaica. A súa festa celébrase o 2 de febreiro.
-
s
f