"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Adoitaba encarnar un tipo de personaxe franco, honesto e cheo de humanidade. Da súa extensa filmografía destaca Captains Courageous (1937, Oscar ao mellor actor), Boy’s Town (1938, Oscar ao mellor actor), Edison, the man (1940), The Old Man and the Sea (1958), Judgment at Nuremberg (1961) e Guess Who’s Coming to Dinner (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo convento franciscano fundado en 1520 na Pena (Xinzo de Limia), baixo o padroado do chantre da catedral de Ourense e prior de Xunqueira de Ambía, Alonso de Piña. Incendiouse en 1668 e encomendóuselle as reparacións aos mestres de cantaría Benito Conde e Domingo Cabaleiro. Destruído durante a Guerra da Independencia, a raíz da exclaustración de 1835 pasou a ser propiedade privada. En estado ruinoso, só se conservan o claustro baixo, de estilo tardo-gótico, obra de Bartolomé de Nosendo, e a igrexa, dunha nave e cabeceira poligonal cuberta con bóveda de cruzaría. A portada é plateresca (s XVI) cun arco mixtilíneo con arquivoltas e decorada con motivos vexetais. Despois do incendio de 1668, a cuberta foi substituída pola bóveda de canón que descansa sobre pilastras apegadas e enlazadas por arcos de medio punto. No seu interior, destacan a capela maior e as imaxes de Cornielles de Holanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que transborda.

    2. Instalación ou dispositivo que permite transbordar.

    3. Buque grande e plano que está destinado ao transporte de pasaxeiros, mercancías, automóbiles ou incluso trens, entre as dúas beiras dun estreito, un paso, un canal ou un río. OBS: Tamén se denomina ferry-boat.

    4. Dispositivo empregado para trasladar transversalmente vagóns e locomotoras dunha vía a outra paralela. Consiste nunha plataforma provista dun tramo de vía e de rodas que se move sobre uns carrís transversais e ás veces vai movida por motores propios.

    5. lanzadeira espacial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trasladar persoas ou cousas dunha embarcación a outra ou dun vehículo a outro.

    2. Transportar pasaxeiros ou vehículos dunha beira á outra dun río ou dunha canle.

    3. Trasladarse unha persoa dunha embarcación a outra ou dun vehículo de transporte a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de transbordar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chuvia forte e intensa, de pouca duración, que pode ir acompañada de vento.

    2. Conxunto de perturbacións atmosféricas violentas, sobre todo cando se producen tronos.

    3. Liña ao longo da que o aire frío que descende se atopa co aire quente, o que dá lugar a un cambio brusco na dirección do vento, un rápido descenso da temperatura e un rápido aumento da presión. A miúdo son moi curtas e difíciles de identificar nos mapas do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Barcelona a partir de marzo de 1982. Cesou en 1985. Subtitulada “Revista do Centro Galego de Barcelona” afastouse da liña informativa da outra publicación editada por este centro galego, Alborada. Dirixida por Daniel Pérez e coordinada por Anxo Baranga, destacou polo seu carácter cultural e aberto á sociedade catalá, onde funcionou como foro de debate.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea anual e perenne, que pertence ao xénero Trifolium, da familia das fabáceas, con follas trifoliadas, flores rosadas, brancas ou amarelas reunidas en glomérulos ou en acios densos, e froitos secos, pequenos e ordinariamente indehiscentes. Son excelentes plantas forraxeiras.

      2. trevo branco [Trifolium occidentale, Fam das fabáceas]

        Planta herbácea perenne, con talos rastreiros, follas divididas en tres folíolos orbiculares, flores de cor branca rosada dispostas en capítulos e froito en legume. Florece a mediados da primavera e principios do verán, en dunas e zonas preto do mar.

      3. trevo rubio [Trifolium pratense, Fam das fabáceas]

        Planta herbácea perenne, de ata 100 cm de altura, con varios talos que brotan dunha mesma raíz e follas pecioladas con tres folíolos estreitos, ovais ou obovados, a miúdo con manchas claras cara á base. As flores dispóñense en capítulos terminais de cor rosada e froito en legume. Florece a mediados da primavera e finais do verán. É moi frecuente en toda Galicia e emprégase como planta medicinal.

      1. Pau da baralla francesa que se caracteriza polos trevos que leva gravados.

      2. Carta deste pau.

    1. pan do cuco.

    2. Planta acuática vivaz, de ata 30 cm de altura, con talos subacuáticos e reptantes, follas pecioladas e divididas en tres folíolos obovados, flores de cor branca ou rosada dispostas en acios terminais e froito globular. Florece na primavera en brañas e lugares con moita auga. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades tónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia da Torre, capital do concello do Páramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador. Director do Instituto Universitario de Ciencias de las Religiones da Universidad Complutense de Madrid, foi profesor do Departamento de Estudios Hebreos y Arameos desa universidade e membro do Comité Internacional de Edición de los Manuscritos del Mar Muerto. Centrado nas investigacións sobre a crítica textual e literaria da Biblia, publicou La Biblia judía y la Biblia cristiana: introdución a la historia de la Biblia (1993), La experiencia de Israel: profetismo y utopía (1996) e Libro de los Salmos: religión, poder y saber (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Bohemia arredor de 1380, foi autor das táboas conservadas na igrexa dos agostiños de Trebon, que destacan pola modelaxe das formas e a vivacidade da cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (251-253). Gobernador da Mesia inferior, foi salvado dos godos polo Emperador Decio (250). Nomeado emperador polos soldados, pactou unha paz pouco honrosa cos godos e co fillo de Decio. Morreu a mans dos seus soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xeneral romano. Foi tribuno (55 a C) e propuxo a lex Trebonia, que asignaba durante cinco anos a provincia de Hispania a Pompeio e a de Siria a Craso Dives. Legado de César na Galia e na Britania, durante a guerra civil conquistou e dirixiu as tropas en Hispania (48 a C). Nomeado cónsul sufecto (45 a C), uniuse á conxura contra César (44 a C). Foi asasinado por C. Dolabella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do litoral mediterráneo situado na costa de Marrocos, fronte ao illote de Alborán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo social que inclúe numerosas familias ou clans, unidos por vínculos lingüísticos, raciais ou culturais, xeralmente cun ordenamento xurídico propio e baixo a obediencia a un xefe. Homoxénea e autónoma desde o punto de vista sociopolítico, é a unidade máis extensa de poboación da que se ocupa tradicionalmente a etnografía.

      1. Cada unha das fraccións en que estaba dividido o territorio na antiga Roma. A primitiva ordenación parte de tres tribos: os ramnenses, os titienses e os luceres. Probablemente esta tripartición estaba conectada cos 300 membros do primitivo Senado. Coa República (s VI a C), as tribos, denominadas tribos servianas, foron simples circunscricións territoriais e sobre a súa base foron constituídos os comitia tributa.

      2. Cada un dos grupos (šebeṭ) en que se concretaba a organización politicosocial dos hebreos antes da monarquía. Segundo a tradición política eran doce e tiñan o seu epónimo nos doce fillos de Xacob ou Israel. A súa historia corresponde á do pobo de Israel.

    2. Categoría taxonómica que está comprendida entre a subfamilia e o xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘frega’ ou ‘rozamento’.

    VER O DETALLE DO TERMO