"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Grupo de danzas formado en Ourense en 1994 e dirixido por J. A. Viñas Mira. Constituído por 38 compoñentes, basean os seus espectáculos na cultura tradicional e popular galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que se forma un quelato, entre o ión metálico e un ligando bidentado ou multidentado. Supón un cambio notable das propiedades dos ións que a sofren, especialmente no que respecta á coloración e á condutividade eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que consiste na impregnación con queratina das células externas da epiderme das estruturas derivadas, de xeito que se volven ríxidas e impermeables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación do quilo no intestino delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de quimo pola acción do zume gástrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Serie de cadernos monográficos editados en Vigo a partir de 1978. Incluían información sobre diversos santuarios e castros de diferentes concellos galegos, notas sobre escavacións e prospeccións arqueolóxicas, e localizacións de petroglifos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de quintuplicar ou quintuplicarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formouse no Seminario de Ourense e ordenouse sacerdote en 1922. Foi ecónomo da parroquia de Santiago de Campobecerros en Castrelo do Val (1922-1923) e coadxutor na parroquia de Santa Eufemia a Real do Norte en Ourense (1923-1925). Doutorouse en Teoloxía na Universidade Pontificia de Santiago (1925) e licenciouse en Sagradas Escrituras no Pontificio Istituto Biblico de Roma (1928). Durante a súa estancia en Ourense, foi ecónomo da parroquia de Santa María de Razamonde (Cenlle), profesor e director espiritual do seminario, ecónomo e despois párroco de Santa Eufemia a Real do Norte e consiliario da Acción Católica. Formou parte dos movementos culturais galeguistas xunto con V. Risco, F. L. Cuevillas, R. Otero Pedrayo, X. Lourenzo e X. Ferro Couselo. Co pseudónimo de F. Pazos publicou varios artigos en galego na revista Logos. Fundou a folla Verdad y Vida, de temátiva relixiosa, escrita en castelán pero con entradas en galego. Foi cóengo lectoral da catedral de Valladolid...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor uruguaio. Dun modernismo moderado pasou a un realismo con criterio estético, e finalmente ao conto de carácter psicolóxico. Autor ocasional de poemas, novelas e obras teatrais, destacou especialmente no conto. Da súa obra salientan El crimen de otro (1904), Cuentos de amor de locura y de muerte (1917), Cuentos de la selva (1918), Anaconda (1926) e Más allá (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Ignacio Ramírez Meléndez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento químico mediante o que unha forma opticamente activa dun composto quiral se transforma nunha mestura racémica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procesos que levan á diferenciación dos grupos naturais de individuos en razas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Usar a razón para coñecer, xulgar, inferir ou demostrar algo partindo dunhas bases ou premisas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de raciocinar.

    2. Facultade de raciocinar.

    3. Cousa ou idea se pensa de maneira razoada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cantidade de alimento que se dá de cada vez a unha persoa ou animal.

      2. Conxunto de alimentos que inxire diariamente un individuo normal para satisfacer as súas necesidades enerxéticas, vitamínicas e proteicas.

    1. Cantidade de algo establecida como suficiente para un fin e por un período de tempo.

    2. porción.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertentente á razón.

      2. Que é conforme á razón.

    1. Que está dotado de razón.

    2. Aplícase á expresión alxébrica que non contén ningún radical.

      1. Nome que a Vulgata dá ao pectoral do sumo sacerdote hebreo.

      2. Ornamento episcopal antigo, semellante ao palio, formado por dúas pezas de tea ricamente bordadas, unha sobre as costas e outra sobre o peito, e suxeitas por ombreiras ovadas, das que penduraban dúas ou tres franxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de racional.

    2. Presuposición que se aplica ao comportamento dos axentes económicos, en tanto que perseguen uns obxectivos que se consideran coherentes e que para acadalos empregan uns medios que se cren axeitados. O postulado de racionalidade, no relativo ao comportamento do consumidor, implica que este escolle entre todas as alternativas de consumo dispoñibles, de xeito que a satisfacción obtida sexa a máxima posible. O comportamento racional do empresario, de maneira paralela, consiste en lograr que o seu beneficio acade o nivel máis alto posible, alcanzadas as súas condicións de produción.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tendencia ou doutrina filosófica que defende a razón como unha fonte radicalmente moito máis válida ca a experiencia sensible ou afectiva, e que a cataloga como a única fonte absolutamente válida para o coñecemento, a comprensión ou a interpretación verdadeira da realidade. Contraposto ao empirismo, ao irracionalismo e ao escepticismo, o racionalismo pode atoparse en case todas as épocas, desde Parménides ata G. W. F. Hegel -os seus dous representantes máis extremos-, aínda que a súa típica e máis estrita expresión aparece na corrente filosófica que, nos ss XVII e XVIII, recolleu o desexo de emancipación por parte do home de toda fe relixiosa sobrenaturalista e o entusiasmo causado polos grandes descubrimentos científicos da Idade Moderna. Neste senso, o racionalismo corresponde ao conxunto de sistemas especulativos elaborados por R. Descartes, B. Spinoza, N. Malebranche e G. W. Leibniz, que se caracterizan por unha clara pretensión de alcance universal e por unha estrutura lóxica voluntariamente...

      2. Doutrina que interpreta e fundamenta as crenzas relixiosas só a partir da razón.

    1. Actitude en virtude da cal se busca unha comprensión ou unha interpretación das cousas dun xeito exclusivamente, e mesmo excesivamente, racional.

    2. Movemento artístico que se aplicou ao período da arquitectura contemporánea comprendido entre 1910 a 1940, que concedía prioridade ao urbanismo sobre o proxecto arquitectónico individual, preocupándose polo óptimo aproveitamento dos espazos propio do funcionalismo arquitectónico e que defendeu a importancia social da actividade do arquitecto. Incoporou á arquitectura técnicas industriais de fabricación en serie. Denominouse tamén estilo internacional, funcionalismo e movemento moderno. En España desenvolveuse a partir de 1925 e estivo especialmente representado polo grupo GATEPAC. En Galicia destacaron, entre outros, os arquitectos Pedro Alonso Pérez, Xosé María Banet Díaz-Varela, Xosé Caridad Mateo, Francisco Castro Represas, Santiago Rey Pedreira e Antonio Tenreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao racionalismo.

    2. Seguidor do racionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO