racionalismo
(< racional)
-
s
m
-
[FILOS]
Tendencia ou doutrina filosófica que defende a razón como unha fonte radicalmente moito máis válida ca a experiencia sensible ou afectiva, e que a cataloga como a única fonte absolutamente válida para o coñecemento, a comprensión ou a interpretación verdadeira da realidade. Contraposto ao empirismo, ao irracionalismo e ao escepticismo, o racionalismo pode atoparse en case todas as épocas, desde Parménides ata G. W. F. Hegel -os seus dous representantes máis extremos-, aínda que a súa típica e máis estrita expresión aparece na corrente filosófica que, nos ss XVII e XVIII, recolleu o desexo de emancipación por parte do home de toda fe relixiosa sobrenaturalista e o entusiasmo causado polos grandes descubrimentos científicos da Idade Moderna. Neste senso, o racionalismo corresponde ao conxunto de sistemas especulativos elaborados por R. Descartes, B. Spinoza, N. Malebranche e G. W. Leibniz, que se caracterizan por unha clara pretensión de alcance universal e por unha estrutura lóxica voluntariamente semellante á da matemática, e que se estenden desde os termos gnoseolóxicos ata os metafísicos e éticos.
-
[RELIX]
Doutrina que interpreta e fundamenta as crenzas relixiosas só a partir da razón.
-
[FILOS]
-
s
m
Actitude en virtude da cal se busca unha comprensión ou unha interpretación das cousas dun xeito exclusivamente, e mesmo excesivamente, racional.
-
s
m
[ARTE/ARQUIT]
Movemento artístico que se aplicou ao período da arquitectura contemporánea comprendido entre 1910 a 1940, que concedía prioridade ao urbanismo sobre o proxecto arquitectónico individual, preocupándose polo óptimo aproveitamento dos espazos propio do funcionalismo arquitectónico e que defendeu a importancia social da actividade do arquitecto. Incoporou á arquitectura técnicas industriais de fabricación en serie. Denominouse tamén estilo internacional, funcionalismo e movemento moderno. En España desenvolveuse a partir de 1925 e estivo especialmente representado polo grupo GATEPAC. En Galicia destacaron, entre outros, os arquitectos Pedro Alonso Pérez, Xosé María Banet Díaz-Varela, Xosé Caridad Mateo, Francisco Castro Represas, Santiago Rey Pedreira e Antonio Tenreiro.