racionalización

racionalización

(

  1. s f

    Acción e efecto de racionalizar.

  2. s f [PSIC]

    Xustificación lóxica e inconsciente dunha conduta da que se ignoran os verdadeiros motivos e que se considera un mecanismo de defensa.

  3. racionalización do traballo [ECON]

    Aplicación de técnicas e procedementos de control e organización do proceso de traballo co obxectivo de incrementar a produtividade e diminuír os custos. Ten como obxectivo principal reducir a diferenza entre o traballo teórico necesario e o práctico realizado mediante a eficacia técnica.

Palabras veciñas

racionalidade | racionalismo | racionalista | racionalización | racionalizado -da | racionalizar | racionamento