racional

racional

(

  1. adx
    1. Relativo ou pertentente á razón.

    2. Que é conforme á razón.

  2. adx

    Que está dotado de razón.

  3. adx [MAT]

    Aplícase á expresión alxébrica que non contén ningún radical.

  4. s m [RELIX]
    1. Nome que a Vulgata dá ao pectoral do sumo sacerdote hebreo.

    2. Ornamento episcopal antigo, semellante ao palio, formado por dúas pezas de tea ricamente bordadas, unha sobre as costas e outra sobre o peito, e suxeitas por ombreiras ovadas, das que penduraban dúas ou tres franxas.

Palabras veciñas

raciocinar | raciocinio | ración | racional | racionalidade | racionalismo | racionalista