"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla de Saint-Quentin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Traba no concello de Coristanco onde se atopa a capital municipal.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado no Campo de Gibraltar, na baía de Algeciras (23.436 h [2001]). É un centro agrícola e comercial, con industrias alimentarias e de materiais para a construción. Destaca tamén a pesca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Crespos, capital do concello de Padrenda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Compostela. Fundado polo arcebispo Francisco Blanco en 1577 para acoller os enfermos de peste, foi obra de Gaspar de Arce e reedificouse no s XVIII. Conserva a capela de nave única e ábsida poligonal. Destaca a portada, estruturada nun arco de medio punto levantado sobre pilastras toscanas e rematada cun frontón triangular baixo o que se abren dúas fornelas coas imaxes dos santos Cosme e Damián. O claustro é dórico e ten catro arcos en cada lado.
-
INSUAS
Insua situada no río Miño, que forma o límite O da parroquia de Cela (Outeiro de Rei).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sárdoma (Vigo). Construído no s XVII, ten planta rectangular, próxima ao cadrado, con dúas alturas e remata con ameas. Na fachada destaca unha torre redonda pola que se accede, percorrendo un pasadizo disposto sobre un arco, á capela de San Roque, de planta rectangular. É o lugar de celebración dunha romaría na honra de san Roque, patrón da cidade, o 16 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado por Carlos II en 1688, co vizcondado previo de Cerdido, a Pedro Álvarez de Reinoso e Andrade, Gayoso e Feijoo , alguacil maior e rexedor perpetuo de Ourense e señor de San Sadurniño, Cerdido e Somozas. Sucedeuno a súa filla, María Rosa Álvarez Reinoso de Argiz Pardo de Andrade e Figueroa , II marquesa de San Saturnino, sucedida polo seu fillo Xosé Xacinto de Quindós Andrade e Figueroa , III marqués de San Saturnino. Os seus sucesores foron Xosé Xavier de Quindós e Pardo de Andrade , IV marqués de San Saturnino, Xosé María de Quindós Quiroga Pardo e Freire de Andrade , V marqués de San Saturnino, Xosé Mariano de Quindós Tejada , VI marqués de San Saturnino, e María de la Natividad Quindós Villarroel (?-1953), VII marquesa de San Saturnino, que morreu sen fillos. O título rehabilitouse en 1955 con Alfredo Moreno Uribe (?-1981), VIII...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mabegondo (Abegondo). Construída no s XVII por Diego de Quiroga Reimóndez, está composta por un corpo principal flanqueado por dúas torres cadradas. Está realizada en cachotaría de granito, con cantaría nas esquinas. Na fachada principal atópase, sobre o balcón central, o escudo dos Quiroga e dos Reimóndez.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado na ría de San Vicente e drenado polo río Gandarilla (4.391 h [2001]). É un porto pesqueiro e turístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Vitoiro dividida entre os concellos da Merca e Allariz, onde ten a súa cabeceira.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribeira de Piquín baixo a advocación de san Xurxo, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Natural situado no NO da provincia de Zamora, moi cerca do límite coa provincia de Ourense. Trátase dunha área de montaña con abundantes vales e lagoas de orixe glaciaria. Conta cunha extensión de 5.027 ha, das que 368 corresponden ao lago de Sanabria, o maior de orixe glaciaria de España. A depresión que se asenta sobre materias precámbricos pechouse debido á formación dunha morena. Está percorrido polo río Tera, que nace na vertente S de Pena Trevinca, a 2.127 m de altitude nun antigo glaciar. Predominan os prados alpinos, os bosques de ribeira e de carballos cerquiños, acivros e teixos, e a matogueira de queiroas que configuran un conxunto no que hai unhas 1.500 especies vexetais. Da fauna destacan o corzo, o lobo, o xabaril, a londra, a aguia real, o falcón, a lagarta galega, a víbora de Seoane, a troita e o barbo.
-
PERSOEIRO
Político. Deputado do Partido Conservador desde 1884 e senador vitalicio (1889), foi alcalde de Madrid (1896 e 1907) e ocupou varios ministerios (1900-1904) e a presidencia do Consello de Estado (1904) e a do Senado (1913 e 1920). Xefe do goberno (1919), intentou unha política social conciliadora, pero fracasou e dimitiu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Director de La Región. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, en Dereito pola Universidad de Madrid, e titulado en Socioloxía polo Instituto León XIII, traballou na Agencia EFE e foi conselleiro delegado do grupo Rías Baixas Comunicación, editora de Atlántico Diario. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, foi membro da comisión de prensa do Consello da Cultura Galega. Recibiu o Premio Diego Bernal de xornalismo (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Doutor pola Universidad de Madrid, exerceu en Montevideo. Inspirou a constitución do Comité Pro Ejército Español despois da Desfeita de Annual (1921). Escribiu El concepto moderno de la úlcera del duodeno (1910) e La Universidad de Compostela y otros problemas gallegos (1931). Presidiu o Centro Gallego de Montevideo desde 1925. Foi correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o título de comendador da Orden de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador e adestrador de baloncesto. Coñecido como Manel Sánchez, xogou dez temporadas en primeira división e Liga ACB, no Manresa, CAI Zaragoza e Breogán de Lugo. Foi dúas veces internacional coa selección española absoluta. Foi adestrador do Yaya María Breogán de Lugo (2001-2005), da Liga Feminina.
VER O DETALLE DO TERMO