"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
GALICIA
Historiador. Comezou os estudos de xeografía e historia na Universidade de Santiago de Compostela, e especializouse no estudo da prensa galega e dos medios de comunicación do Estado. Destacou pola publicación dos volumes Historia de la prensa gallega: 1800-1986 (1990) e Historia de la prensa gallega: 1800-1993 (1995), que recolle máis de tres mil publicacións galegas, ademais do Dicionario de seudónimos y apodos gallegos (2003). Tamén publicou Índice general de la prensa gallega A Coruña 2007. Colaborador de El Correo Gallego e La Opinión de A Coruña, foi responsable de dúas mostras: “Exposición sobre caligrafía” (1990) e “El Humor y la guerra del Golfo” (1992) realizadas na Sala del Ateneo da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dinamizador cultural. Licenciado en Matemáticas e Enxeñaría Xeográfica pola Universidade de Coimbra (1951), participou nos movementos reivindicativos dos estudantes e en diversas actividades académicas como o Teatro de Estudantes. En 1946 tivo un papel activo no Movimento de Unidade Democrática Juvenil. En 1957 trasladouse a Guimarães para dar clases de matemáticas na Escola Industrial e Comercial onde promoveu a creación de diversas asociacións culturais como o Cineclube de Guimarães, o Teatro de Ensaio Raul Brandão, a editorial O Povo de Guimarães ou o Cercigui. A partir de 1963 militou na oposición democrática de Braga. En 1986 foi nomeado membro do senado da Universidade do Minho e, desde 1990, presidiu a Sociedade Martins Sarmento. Debido á súa orientación política de esquerda, foi detido en 1968 e afastado da función pública ata despois da Revolução dos Cravos. Participou na creación do Partido Movimento Democrático Português, integrando os órganos directivos nacionais e foi un dos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de sacar, especialmenten nun xogo de pelota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen saquea.
-
-
Apropiarse violentamente os soldados das cousas de valor que atopan nun lugar inimigo.
-
Roubar varias persoas o que hai de valor nun lugar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de saquear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saco pequeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo protectorado español que ocupaba o N de Río de Oro e que, máis tarde, pasou a constituír a rexión norte da provincia española do Sáhara. A capital era Al-A’yun. Desde 1976 pertence a Marrocos.
-
PERSOEIRO
Escritor. É autor de Risāla fī fa ḋ l al-Andalus (Eloxio do Islam andaluz).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo, irmán de Constantino e Xosé Sarabia González. Traballou co seu irmán Constantino en Vigo, no laboratorio e encargouse fundamentalmente da parte de fotografía de estudio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección fotográfica composta por imaxes dos irmáns Constantino, Enrique e Xosé Sarabia, que se instalaron en Vigo na década de 1910, á sombra do estudo de Xosé Gil, con quen aprenderon a arte fotográfica. Constantino dedicouse á fotografía exterior, mentres Enrique facía a de estudio. Os seus traballos documentaron desde momentos da historia de Vigo ata actos sociais. Outras imaxes foron encargos comerciais, como as series fotográficas da industria conserveira ou a das obras no porto de Vigo. Publicaron as súas imaxes en Vida Gallega, Faro de Vigo ou El Pueblo Gallego, e ilustraron diferentes libros, como Pontevedra y su provincia (1921) e Libro de Oro de la Provincia de Pontevedra (1931). Tras a morte do último irmán, Constantino, boa parte do arquivo desapareceu.
-
GALICIA
Perito industrial, enxeñeiro industrial superior e arquitecto superior. En Barcelona creou a empresa EDING dedicada ao cálculo de estruturas e instalacións e exerceu como profesor no Instituto Técnico Fernando Casablanca de Sabadell. Trasladouse a Vigo e creou o estudo de arquitectura e enxeñaría ESTINGAR, S.L. Realizou os edificios comerciales C&A e Puerta Príncipe en Vigo, os Xulgados de Redondela e os Novos Xulgados de Vigo, a dirección de obra do Recinto Feiral de Silleda, a rehabilitación do antigo goberno militar para sede do Reitorado da Universidade de Vigo, a Área Panorámica de Tui con auditorio e sala de exposicións, o proxecto básico da clínica Nuestra Señora de Fátima en Vigo, a remodelación do Mercado Municipal de Ribeira para sala de exposicións e auditorio, a ampliación da sede do Concello do Porriño e residencias xeriátricas en Valdemoro, Leganés e Alcalá de Henares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Raimundo Ibáñez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado en 1543 por Carlos V a Fernando Ruiz de Castro Osorio e Portugal , que foi o IV conde de Lemos. O título foi herdado polos primoxénitos da casa dos Lemos, ata que en 1955 pasou a María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva , XIX marquesa de Sarria, XXII condesa de Lemos, XVIII duquesa de Alba, entre outros. Trae por armas, escudo cortado: 1, de goles, con cinco bandas de ouro; 2, de prata, con cinco roeis de azul, colocados en aspa; bordo de azul, cargado de seis aspas de ouro, colocadas unha en xefe, outra en punta e dúas en cada flanco, alternando con seis cunchas de vieira do mesmo, colocadas unha en cada cantón do escudo e unha no medio de cada flanco.
-
PERSOEIRO
Escritor. Fundador da revista de divulgación científica al-Muqta ṭ af, publicou Fatāt Mi ṣ r (A moza de Exipto), considerada a primeira novela sociohistórica da literatura árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Fundou e foi o primeiro presidente de Alianza Liberal. Foi senador (1977-1979) e deputado (1979-1982). Escribiu Qué es la monarquía (1976) e Cuando la transición se hizo posible: el Contubernio de Múnich (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos saurisquios.
-
Réptil fósil da orde dos sauriquios.
-
Orde de réptiles do grupo dos dinosauros, coa característica fundamental de que a pelve era triradiada, que os distingue doutra orde, os ornitisquios, que a teñen semellante á das aves. Existen formas bípedes e cuadrúpedes. Nesta orde existían os carnívoros máis grandes que viviron sobre a Terra, como o tiranosauro.
-
-
XACEMENTOS
Xacemento ar-queolóxico exipcio situado na ribeira occidental do Nilo, á altura de Luxor. Coñécese como o Val dos Nobres, porque alí foron enterrados personaxes das dinastías XVIII-XX. Comprende máis de cen tumbas de tipo hipoxeo. Destaca a decoración, principalmente pinturas, pero en ocasións tamén relevos, que ilustra sobre moitos aspectos da vida cotiá faraónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Locución empregada pola escolástica medieval que significa ‘segundo un certo aspecto’, ‘nun certo sentido’. Indica que o significado dun termo non está asumido no seu valor máis absoluto e universal, senón nunha especificación máis determinada.
-
GALICIA
Farmaceútico. Interesado pola historia e a xenealoxía, organizou os mapas hidrolóxicos das provincias de Ourense, Lugo, A Coruña, Logroño, Gipuzkoa, Ciudad Real e Jaén. Das súas obras destaca Contribución al catálogo de la flora de Lugo: (comarca de Palas de Rey y Guntín) (1952).
VER O DETALLE DO TERMO