Sarria, marquesado de

Sarria, marquesado de

Título outorgado en 1543 por Carlos V a Fernando Ruiz de Castro Osorio e Portugal , que foi o IV conde de Lemos. O título foi herdado polos primoxénitos da casa dos Lemos, ata que en 1955 pasou a María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva , XIX marquesa de Sarria, XXII condesa de Lemos, XVIII duquesa de Alba, entre outros. Trae por armas, escudo cortado: 1, de goles, con cinco bandas de ouro; 2, de prata, con cinco roeis de azul, colocados en aspa; bordo de azul, cargado de seis aspas de ouro, colocadas unha en xefe, outra en punta e dúas en cada flanco, alternando con seis cunchas de vieira do mesmo, colocadas unha en cada cantón do escudo e unha no medio de cada flanco.