"AIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 96.
-
PERSOEIRO
Gravador. Discípulo de R. Peake e de J. Payne, loitou en favor da monarquía e tivo que exiliarse a Francia, onde traballou con R. Nanteuil. En 1650 estableceuse en Londres e especializouse no gravado de retratos, aínda que tamén gravou os seus debuxos tomados do natural e obras doutros pintores. Foi autor de The art of graving and etching (A arte do gravado e a augaforte, 1662). O seu fillo, William Faithorne o Novo (Londres 1656-1710), foi tamén gravador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada o 11 de marzo de 1991 en Ferrol. A primeira xunta directiva estivo presidida por Xavier Carro Garrote, quen instaurou a celebración de campionatos provinciais de gaitas e un campionato nacional que terá lugar cada ano en Cabeza de Manzaneda. Nesta primeira etapa creáronse os seus diferentes órganos, entre os que destaca o Comité de Graduación como estamento consultivo-interpretativo e editouse o regulamento rexedor dos campionatos, que se comezaron a organizar en Xinzo de Limia. Nunha segunda etapa, contou coa presidencia de Fernando Dopico Blanco (1994-2000) e, posteriormente, de Manuel Garrido Rodríguez.
-
-
Cláusula dun contrato que establece unha cantidade variable do prezo dunha prestación ou dun conxunto de prestacións.
-
Billete de prezo fixo que dá dereito a estas prestacións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Retirada voluntaria dun deportista ou dun equipo dunha competición na que figuraba inscrito regulamentariamente. O forfait produce a adxudicación da vitoria ao adversario.
-
-
Sentinela ou amigo do namorado, na poesía trobadoresca, que anuncia, a el e á súa amante, a chegada da alba. Relaciónaselle tanto coa separación como coa protección dos amantes.
-
Instrumento aerófono que na súa forma máis simple está constituído por un tubo melódico, chamado punteiro, unido a un pequeno saco no que se almacena o aire, chamado fol. O aire introdúcese por un pequeno tubo, chamado soprete. O fol pode elaborarse de distintos materiais; os máis empregados son a pel de cabrito, o coiro, o caucho ou distintos tecidos sintéticos, como o goretex. A gaita é un instrumento destacado da música tradicional galega, que foi evolucionando desde a forma máis primitiva (fol, soprete e punteiro). Así, na Idade Media, incorporáronselle distintos bordóns que melloraban a musicalidade do instrumento. O primeiro que se incorporou foi un bordón que proporcionaba un baixo continuo, chamado ronco ou roncón. O ronco emite a nota tónica do punteiro da gaita pero dúas oitavas máis baixa. O son do ronco prodúcese ao pasar o aire a través dunha lingüeta de cana ou doutros materiais situada no interior da súa base, chamada pallón. Posteriormente, uníuselle outro bordón,...
-
Órgano xenital masculino.
-
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘sopa’.
-
Termo da xerga das palilleiras que designa un ‘pao pequeno co corpo liso e forma de tronco de cono, xeralmente elaborado en madeira de buxo’.
-
FRAS: A gaita quere gaiteiro/é para o gaiteiro. Cada un debe facer o que sabe. Andar/vir con gaitas. Enfastiar.
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘papas’.
-
-
-
-
Instrumento aerófono que na súa forma máis simple está constituído por un tubo melódico, chamado punteiro, unido a un pequeno saco no que se almacena o aire, chamado fol. O aire introdúcese por un pequeno tubo, chamado soprete. O fol pode elaborarse de distintos materiais; os máis empregados son a pel de cabrito, o coiro, o caucho ou distintos tecidos sintéticos, como o goretex. A gaita é un instrumento destacado da música tradicional galega, que foi evolucionando desde a forma máis primitiva (fol, soprete e punteiro). Así, na Idade Media, incorporáronselle distintos bordóns que melloraban a musicalidade do instrumento. O primeiro que se incorporou foi un bordón que proporcionaba un baixo continuo, chamado ronco ou roncón. O ronco emite a nota tónica do punteiro da gaita pero dúas oitavas máis baixa. O son do ronco prodúcese ao pasar o aire a través dunha lingüeta de cana ou doutros materiais situada no interior da súa base, chamada pallón. Posteriormente, uníuselle outro bordón,...
-
Órgano xenital masculino.
-
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘sopa’.
-
Termo da xerga das palilleiras que designa un ‘pao pequeno co corpo liso e forma de tronco de cono, xeralmente elaborado en madeira de buxo’.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘papas’.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentinela ou amigo do namorado, na poesía trobadoresca, que anuncia, a el e á súa amante, a chegada da alba. Relaciónaselle tanto coa separación como coa protección dos amantes.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada en La Habana a partir do 5 de xullo de 1885. Cesou a súa edición o 18 de decembro de 1887. Reapareceu nunha segunda época, entre xullo e decembro de 1889, como suplemento de El Eco de Galicia. Fundada por Ramón Armada Teijeiro e Manuel Lugrís Freire, foi o primeiro periódico editado en América integramente en lingua galega. Incluíu narracións en prosa, algúns contos, poemas e fragmentos de O Catecismo do Labrego, de Lamas Carvajal. Caracterízase pola súa preocupación constante sobre a lingua galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación humorística editada en La Habana a partir do 7 de xaneiro de 1872. Cesou a súa edición o 11 de febreiro do mesmo ano. Subtitulouse “Semanario humorístico habanero, editado por una infinidad de bolos y gandules bajo la inspiración de el Doctor Triquitraque”. O seu principal responsable foi Miguel Blanco Herrero. Incluíu artigos de costumes locais redactados de forma divertida.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario de carácter satírico editado a mediados de 1881 en Ourense. Saía todos os domingos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dito ou feito necio.
-
PERSOEIRO
Profesor. Dirixiu o Instituto de Ourense (1865-1873, 1874-1880). Director de El Orensano, escribiu, entre outras, Influencia de las causas fijas en el carácter de los pueblos (1854), Compendio de Historia Universal de España (1857), Método contra el cólera (1860), Del cultivo de la vid (1861) e Programa de Geografía elemental (1862). Foi membro correspondente da Real Academia de la Historia (1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Baile ao son da gaita.
-
Festa ou diversión buliciosa.
-
-
-
Persoa que toca a gaita. Na tradición oral recóllense ditos como: “O bo gaiteiro sempre foi bo casamenteiro. Ao gaiteiro que toca, un oitavo para que empece e dez para que acabe”.
-
Aplícase á persoa excesivamente alegre e de carácter pouco serio e inconstante.
-
Denominación que reciben os odonatos na fase adulta, especialmente os pertencentes á suborde dos zigópteros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calendario distribuído por Galicia, Asturias, León e Zamora. Dende 1964 editouse xunto con La Región; cesou ao redor de 1970. O seu predecesor foi o Almanaque de Galicia, editado a partir de 1857 en Lugo por Soto Freire. Malia que nun principio foi bilingüe, dende 1936 e por iniciativa de Filgueira Valverde, pasou a editarse integramente en galego. Chegou a acadar unha tiraxe de 50.000 exemplares e nel colaboraron destacados escritores e intelectuais galegos. Incluíu poemas, refráns, adiviñas, coplas, contos e vilancicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Avelino Cachafeiro Bugallo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo musical integrado por Avelino Cachafeiro Bugallo, por Castor e Bautista, irmáns del, polo seu pai Fermín e por Andrea, unha tía dos rapaces que tocaba o pandeiro. Realizaron numerosas actuacións en Galicia e fóra dela. En xullo de 1928 gravaron coa casa Regal de Ourense entre outros temas A muiñeira de Chantada, Heicho de dar queridiña, A alborada de Rosalía, A muiñeira de Pontesampaio e Fandango de Pontevedra. O 28 de febreiro de 1930 presentáronse no Teatro Avenida de Bos Aires, os decorados empregados foron da autoría de Castelao e de Camilo Díaz Baliño. Despois da Guerra Civil Española, o grupo disolveuse.
-
PERSOEIRO
Economista e político. Nos seus estudios sobre o desenvolvemento da economía norteamericana trala Segunda Guerra Mundial analizou a incidencia dos oligopolios sobre o mercado libre e realizou unha crítica ao papel da publicidade nas sociedades capitalistas, nas que defendeu unha relativa intervención do Estado. Editor da revista Fortune, foi autor de publicacións como A Theory of Price Control (1952), American Capitalism (1952), The Affluent Society (1958), The New Industrial State (1967), Economics and the Public Purpose (1973), The Age of Uncertainty (1976) e The Good Society: the humane agenda (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado das Antillas, no sector occidental da illa La Española, (27.700 km2; 8.270.000 h [estim 2001]). Limita ao L coa República Dominicana. A capital é Port-au-Prince.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Haití está formado por unha franxa central con materiais antigos e cordilleiras terciarias do dobramento antillano, dentro das que se encontran depresións cubertas por materiais do Cuaternario. A rede hidrográfica é moi irregular; o río máis importante é o Artibonito. O clima é tropical marítimo e sofre moitos ciclóns. A selva primitiva converteuse nunha sabana herbácea. Haití é o país máis depauperado da área circuncaríbica, cun PNB de 3.584 millóns de dólares en 1999, o que representa unha renda per cápita de só 410 dólares anuais. O sector primario achega o 30% do PNB e dá emprego ao 57% da poboación activa. A superficie cultivada (33%) é insuficiente para a densa poboación do país. O cultivo comercial principal é o café, seguido de bananas, cana de azucre,... -
-
Relativo ou pertencente a Haití ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Haití.
-
Arte desenvolvida en Haití. A partir da consolidación da independencia, a principios do s XIX xurdiu unha recoñecida escola pictórica naif, na que destacou Pétion Savaín. O pintor estadounidense Dewitt Peters fundou en Port-au-Prince o Centre d’Art que revelou a Hector Hipollyte ou Wilson Bigaud. Entre os escultores destacou Georges Liautaud. En 1982 a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade o Parque Nacional Histórico de Cidadela, Sans Souci e Ramiers.
-
Arte musical cultivada en Haití. Durante o dominio francés a actividade músical estivo vinculada á ópera francesa. Paralelamente, a poboación negra conservou elementos africanos e empregounos para o rito do culto vodú. Modernamente algunhas composicións conservaron música de influencia occidental, como Ludovic Lamothe (1882) ou Justin Élise (1883-1931).
-