"ALCAN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 62.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óso do tarso que no ser humano forma o talón do pé e aguanta todo o peso do corpo. Articúlase pola parte superior co astrágalo e por diante co cuboide; na parte posterior insírese o tendón de Aquiles e inferiormente presenta tuberosidades para as insercións dos músculos superficiais da planta do pé.
-
-
calcañar.
-
ETN Parte traseira do arado semellante pola súa localización ao calcañar do pé.
-
ETN Parte da gadaña que penetra no mango.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘cadeira’.
-
-
Que calca.
-
1 Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘banco para sentar’. 2 Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘cadeira de sentar’. 3 Termo das xergas dos telleiros e dos canteiros que corresponde á voz ‘banco’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviño grego, de grande importancia no tempo da Guerra de Troia. Prediciu a duración da batalla e aconsellou os gregos que construísen o famoso cabalo de madeira. Dise que morreu de pesadume ao ver que Mopsos o avantaxaba na arte da predición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato hidratado de cobre, de fórmula CuSO4·5H2O. Cristaliza no sistema triclínico. É de cor azul, ten brillo vítreo e preséntase case sempre en masas estalactíticas, cortizas e eflorescencias. Abunda en Chile, onde se emprega para a extracción de cobre.
-
PERSOEIRO
Director cinematográfico e produtor. Residiu en París, onde contactou coa vangarda artística dos anos vinte e, posteriormente, marchou a Inglaterra (1939-1949) e Austria, onde adaptou ao cine a obra de B. Brecht Herr Puntila und sein Knecht Matti (1956). Anos máis tarde volveu a Brasil, onde se converteu nun dos inspiradores do “novo cinema” brasileiro. Traballou realizando programas para televisión en diversos países e impartiu clases na UCLA de California. Dirixiu, entre outras películas: Le train sans yeux (O tren sen ollos, 1926), Les vacances du diable (As vacacións do diaño, 1931), Coal Face (Faciana de carbón, 1936), The First Gentlemen (O primeiro cabaleiro, 1945) e Yerma (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, caricaturista e crítico de arte. Coñecedor das vangardas europeas de entreguerras, converteuse nun dos renovadores da arte moderna no Brasil. Colaborou xunto con Anita Malfatti na creación da Semana da Arte Moderna (1922). Introduciu os temas brasileiros nas súas obras, como as favelas ou as festas populares, pintou escenas e tipos populares, e, sobre todo, a figura da mulata. A súa produción caracterizouse pola influencia do expresionismo e, principalmente, da poética do futurismo italiano e do tratamento xeometrizante das figuras segundo a obra de Fernand Léger. Entre as súas obras sobresaen Cinco moças de Guaratinguetá (1930), Mulata sentada (1936) e Cens da Bahia (1960). Está presente nas principais coleccións de arte contemporánea do Brasil. Entre os diversos galardóns que acadou destacan o Premio da II Bienal de São Paulo 1953 e a Medalla de Ouro da II Bienal Interamericana de Arte (México, 1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. De familia güelfa, ocupou diversos cargos públicos e participou activamente nas loitas internas da cidade. Foi discípulo de Brunetto Latini, mantivo amizade con Dante Allighieri e recibiu a influencia da filosofía de Averroes. Considérase o principal representante do dolce stil nuovo. Da súa produción consérvanse arredor de cincuenta composicións das que destacan a canción “Donna mi prega”, sonetos e baladas que cantan a Giovanna ou a Madonna Primavera, entre as que destaca “Perch’io non spero” (1300). É autor tamén de poemas cómico-satíricos e de correspondencia (un soneto de queixa a Dante) e dunha serranilla. O primeiro libro impreso que recolleu as súas composicións foi Sonetti e canzoni di diversi antichi autori toscani, in X libri raccolti (Sonetos e cancións de varios autores toscanos antigos, recollidos en X libros, 1527).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compostos alicíclicos de fórmula xeral CnH2n. Teñen propiedades intermedias entre as dos alquenos e as dos alcanos, e aseméllanse máis a estes ao aumentar as dimensións do ciclo. Dan os mesmos tipos de derivados funcionais ca os alcanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en 1934 entre Turquía, Romanía, Grecia e Iugoslavia por iniciativa do ministro romanés Titulesco, que obrigaba a estes países a non empregar a forza e a respectar as divisións territoriais establecidas no Tratado de Versailles.
-
PERSOEIRO
Cronista italiano. Viviu en Sicilia durante os reinados de Guillerme I e Guillerme II e foi autor do Liber do Regno Siciliae (1154-1169).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro de Brito.
-
ILLAS
Illa volcánica do Océano Pacífico, no arquipélago das Salomón (6.470 km2; 60.692 h [1991]). Nela está a capital do estado, Honiara (43.643 h [1996]). Durante a Segunda Guerra Mundial foi escenario de durísimos combates entre os xaponeses e os estadounidenses.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao S de Sierra Morena, limítrofe cos Llanos de Llerena (3.095 h [1996]). Posúe agricultura (cereais e legumes) e gandería (porcina e caprina). De orixes árabes, no s XVI foron descubertos varios xacementos de ouro e prata, que por causa dunha explotación ineficaz tiveron que ser abandonados no s XVIII. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas da Asunción (ss XIV-XVIII) e a de Santa Ana (s XVI), o convento do Espírito Santo (s XVII) e o hospital do Milagro (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode alcanzar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza militar constituída en marzo de 1912 por Serbia, Bulgaria, Montenegro e Grecia, países cristiáns ortodoxos, co obxetivo de expulsar os otomanos de Europa Oriental.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val do río Tiétar e limitado ao N por Castela e León (2.152 h [2001]). As actividades do sector primario son moi importantes, sobre todo a agricultura e a gandaría. A industria baséase na elaboración de produtos alimentarios e de materiais da construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Cada un dos derivados nitratos das parafinas que teñen a fórmula bruta CnH2n+1NO2. Obtéñense a partir dos haluros primarios ou secundarios por tratamento con nitrilos metálicos, segundo a reacción
FORMULA
NaNO2 +RCH2X D RCH2NO2 +RCH2ONO
VER O DETALLE DO TERMO
e empréganse como disolventes e para a obtención de aminas e de aminoalcohois. -
PERSOEIRO
Místico. Entrou nos observantes en 1515 e foi provincial de Extremadura (1538-1541). Retirouse como ermitán preto de Lisboa e propugnou a máis ríxida observancia da regra. O primeiro convento reformado creouse en Sevilla (1555), e as novas comunidades constituíronse en provincia (1560). Confesor de santa Tareixa de Ávila, guiouna na reforma da orde carmelita. Escribiu Tratado de la oración y meditación (1556). A súa festividade celébrase o 19 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO