"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Afonso II de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso IV de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso V de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de León (1065-1109), de Galicia (1071-1109) e de Castela (1072-1109). Herdou o Reino de León e orientou a súa política exterior á reunificación do reino do seu pai Fernando I o Grande, que dividira o seu reino entre os seus fillos do seguinte xeito: Castela para Sancho, León para Afonso e Galicia para García. Iniciou este proceso de reunificación anexionando o Reino de Galicia. Para acadar este obxectivo atacou ao rei mouro de Badajoz, vasalo de García; logo acudiu a Galicia, en apoio do seu irmán, que estaba enfrontado con Nuno Menéndez -conde galego sublevado-, conseguindo que García lle rendese vasalaxe; así mesmo, alíase co seu irmán Sancho, que tamén pretendía o Reino de Galicia, a cambio dunha parte do territorio conquistado. Malia as alianzas entre Afonso e Sancho, co gallo de conquistar Galicia, estes dous irmáns enfrontáronse na Batalla de Volpejar, onde Afonso caeu prisioneiro e se fixo con todo o reino paterno; sen embargo, Afonso acadou o Reino de Castela logo do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colonia establecida entre os lagos Victoria e Tanganica e o océano Índico, en 1884-1885, por unha compañía privada alemana. Despois da Primeira Guerra Mundial, quedou baixo o mandato británico co nome de Tanganica. En 1919 as comarcas occidentais de Ruanda e Burundi segregáronse dese territorio para pasar ao mandato belga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de Namibia durante a dominación alemá (1883-1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago do océano Índico situado ao NO da illa Mauricio, da que depende administrativamente (70 km2; 350 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de agalegar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar forma ou aspecto galego.

    2. Tornarse máis galego nas formas, hábitos ou costumes

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de artrópodos da orde dos araneidos, de talle grande que viven entre a herba, nos prados e nos bordos dos bosques, e fan o tobo en forma tubular. Son propios do hemisferio norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo mariño. Fillo de Jean Louis Rodolphe Agassiz. Fundou a estación zoolóxica de Newport (Rhode-Island, EE UU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de artrópodos da clase dos trilobites, integrada por especies de pequenas dimensións, duns 8 mm, característicos do Cámbrico medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación agrarista aparecida en Negreira o 6 de setembro de 1921 que desapareceu en xuño de 1927, no número 81. Dirixíao Manuel Ruso Alonso, sendo Luís Pereiro González o redactor-xefe. Colaboraron nela Uxío Carré Aldao, Antón Vilar Ponte, X. Prado Lameiro, Rodríguez Elías e Salvador García F. de Bodaño. Nas súas seccións “Noticia”, “Movimiento Agrario”, “Desde Cuba”, “De la comarca” e “Necrología”, incluíanse informacións sobre o agrarismo e a comarca da Barcala. No seu último número reprodúcese o poema de Pondal “Os Pinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor flamenco. En Francia e Italia estivo ao servizo de varios personaxes, entre eles, o arquiduque Filipe de Austria, con que se trasladou a Castela. É autor de misas e de cancións profanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización obreira de Betanzos afín á UXT, que xa funcionaba en 1933. Agrupaba a todos os traballadores dependentes do concello que tiñan unha ideoloxía socialista, entre os que había gardas municipais, recadadores de arbitrios, etc. Dentro das súas reivindicacións laborais estaban o aumento salarial, a xornada de 8 horas e o descanso dominical ou día libre. Funcionou ata o inicio da Guerra Civil Española (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de compañías e grupos de teatro creada en Vigo en 1978 co obxectivo de desenvolver proxectos que garantiran condicións de estabilidade na produción, distribución e exhibición teatral, así como reforzar a continuidade na organización da Mostra de Teatro Galego e das Xornadas de Teatro, de ámbito ibérico. Nela participaron agrupacións como A Farándula, Escoitade, Teatro Popular Keyzan, Máscara 17, Saudade, Teatro Popular Galego (despois Artello), Alén e Xiada, se ben cedo xurdiron diferencias entre elas e o movemento rematou por se disolver en 1980. Entre as iniciativas que desenvolveron cómpre salientar un proxecto de Teatro Estable Galego e unha proposta de Escola de Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade formada por un grupo de guitarristas afeccionados e profesionais que, ao redor do profesor Antonio Uxío Mallo, se xuntaron para tocar e intercambiar coñecementos e partituras. A primeira xuntanza tivo lugar en xaneiro do 1977 en Vigo, á que asistiron 9 persoas, logo consideradas socios fundadores, e en xaneiro de 1978 solicitouse a inscrición da AGG como sociedade legal, aprobada a nivel galego polo Ministerio do Interior en novembro do mesmo ano. Organizouse nunha serie de centros locais (Pratteln en Suíza,Vigo, Lugo, A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela) e contou con socios non vinculados a centros locais (Vilagarcía de Arousa, Vilanova, Negreira, Guláns, O Carballiño, Cangas e Tui) e socios correspondentes fóra de Galicia. O conxunto estaba dirixido por un centro coordinador elixido por votación en asemblea xeral anual; as xuntanzas trimestrais e as asembleas xerais do centro coordinador eran rotativas. Iniciou a formación dunha partituroteca e dunha biblioteca guitarrística,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático finés nacionalizado norteamericano. Profesor na Universidade de Harvard especializado en análise matemática. No ano 1936 concedéuselle a medalla Fields.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • L´Ouvrier (Bury, Oise 1815 - Mello, Oise 1895) Obreiro mecánico francés, revolucionario e seguidor de Blanc. Fundou o periódico L’ Atélier (1840). Participou na Revolución do 1848, foi integrante do Goberno Provisional e logo Presidente da Asemblea Nacional. Foi deportado, pero Napoleón III concedeulle a amnistía (1859). No 1871 participou na Comuna de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tamén chamado beato de Vercelli, foi Bispo de Bobbio e de Vercelli (1184), amais de Patriarca latino de Xerusalén (1204). Protexeu os carmelitas e morreu asasinado. A súa festividade celébrase o 5 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO