Agrario Barcalés, El

Agrario Barcalés, El

Publicación agrarista aparecida en Negreira o 6 de setembro de 1921 que desapareceu en xuño de 1927, no número 81. Dirixíao Manuel Ruso Alonso, sendo Luís Pereiro González o redactor-xefe. Colaboraron nela Uxío Carré Aldao, Antón Vilar Ponte, X. Prado Lameiro, Rodríguez Elías e Salvador García F. de Bodaño. Nas súas seccións “Noticia”, “Movimiento Agrario”, “Desde Cuba”, “De la comarca” e “Necrología”, incluíanse informacións sobre o agrarismo e a comarca da Barcala. No seu último número reprodúcese o poema de Pondal “Os Pinos.