"ANSA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • Compañía de aviación alemá creada en 1926 como resultado da unión da Deutsche Luftrederei, fundada en 1919, e a compañía Junkers de transporte aéreo co nome de Deutsche Lufthansa A.G. Comezou as actividades con voos entre Berlín e Kaliningrad, pero o interese principal da compañía foi o establecemento das liñas con América do Sur e Extremo Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de cuberta con vertentes rotas como consecuencia da intersección de planos inferiores, moi inclinados, con outros superiores, de pouca inclinación, para conseguir maior espazo no interior e aproveitalo para vivenda.

    2. Piso situado baixo este tipo de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Comezou a súa carreira cun estilo de influencia italiana, pero continuou cun estilo puramente clásico francés, do que foi un dos iniciadores. En París realizou obras como o Hôtel de la Vrillière (1635-1645), a escaleira central do Hôtel Carnavalet (1654), o Hôtel Tubeuf, o Hôtel Fieubert e a cúpula do oratorio da igrexa de Val-de Grâce, rematada por J. Lemercier. Fóra de París, proxectou a á Orléans do castelo de Blois (1635-1638) e o castelo de Maisons. Atribúeselle a invención das mansardas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jules Hardouin-Mansart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente cantábrica da Península Ibérica, con 46 km de lonxitude. Nace en Peña Labra e corre, encaixado, ata a desembocadura, onde forma a ría de Tinamenor, ao O de San Vicente de la Barquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘mar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ir máis lenta unha corrente de auga.

    2. Quedar en remanso unha persoa ou unha situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agustín Fernando Muñoz Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estatístico. Iniciou en España o método histórico da demografía e creou un laboratorio de demografía retrospectiva no seo do Instituto Balmes. Publicou La población de Galicia según los documentos estadísticos y descripticos de cada época (1948) e Análisis estadístico de los municipios minúsculos de España: municipios de población inferior a 1001 habitantes, su localización, su estrutura, sus actividades (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga Hanseática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transixir.

      1. Trato, convenio ou acordo de índole comercial.

      2. Acción de facer efectivo un trato de compravenda.

      3. Cada unha das operacións que implique un cambio de posesión de bens ou títulos.

    2. Contrato resolutorio en virtude do que dúas partes poñen fin a unha cuestión xurdida entre eles, ben para evitar un preito, ben para rematalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a unha transacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que atravesa o Sáhara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está ao outro lado dos Alpes.

    2. Aplícase á Galia que, para os romanos, estaba situada á outra banda dos Alpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción química formal que implica a transferencia dun grupo amino (-NH2) dun composto orgánico a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que cataliza reaccións de transaminación. A glutamato-oxalacetato-transaminase (GOT) encóntrase en grandes concentracións no músculo cardíaco e a glutamato-piruvato-transaminase (GPT) no fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado ao outro lado dos Andes.

    2. Que atravesa os Andes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de transportes marítimos constituída en 1881 en Barcelona por Antonio López López. Este iniciou as súas actividades en 1850 en Cuba coa liña Guantánamo-Santiago. En 1856 volveu a España e creou a liña de vapores Alacant-Marsella. En 1861, con base en Cádiz, obtivo a concesión do transporte do correo entre España, Cuba, Puerto Rico e Santo Domingo, converténdose na primeira empresa navieira española con liñas regulares a EE UU, ás Antillas e ás colonias españolas. Entrou en decadencia despois da Guerra Civil Española. En 1977, unha empresa do INI tomou o control da sociedade, que máis tarde pasou ao grupo Teneo, que en 1993 vendeu as accións a Naviera del Odiel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado ao outro lado do Atlántico ou que o atravesa.

    2. Buque de elevada tonelaxe, especialmente de pasaxeiros, que efectúa longas viaxes a través do Atlántico ou por calquera outro océano.

    VER O DETALLE DO TERMO