"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Tratamento terapéutico por medio de correntes de aire quente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de Titulados Náutico-Pesqueiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto que se utiliza para conseguir que o lapis teña unha punta moi fina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso V de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1494-1495). Fillo de Fernando I e de Isabel de Chiaramonte. Tomou parte nas guerras externas e internas do reino; participou na reconquista de Otrant (1481) en poder dos turcos e reprimiu os baróns napolitanos. Cando Carlos VIII de Francia invadiu Italia, Afonso enviou unha escuadra a Nápoles; conquistou Rapallo, pero a flota napolitana tivo que abandonala ao chegar o Duque de Orleáns. O soberano abdicou no seu fillo Fernando II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Palabra moi empregada polos primeiros autores cristiáns para designar o amor cristián en oposición ao eros, o amor sensual. Aparece a miúdo nas epístolas de Paulo e de Xoán referíndose ao amor de Deus ou ao amor dos cristiáns entre eles. Os escritores latinos traducírono por caritas (caridade).

      1. Comida en común que os primitivos cristiáns partillaban en sinal de irmandade. Os ágapes coincidían ás veces coa celebración eucarística, sen embargo, dende mediados do s III tiñan lugar na véspera da eucaristía, celebrada na mañá seguinte.

      2. Banquete ou comida de familia ou amigos para celebrar algún acontecemento.

      3. Merenda, especialmente servida na eira o derradeiro día da malla, na cal toman parte todos os malleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome persoal feminino tomado do substantivo común ágape ‘amor, cariño’. O cristianismo dos primeiros tempos mudaría o seu significado en ‘caridade, amor fraterno’; de feito, os romanos chamábanlles ás súas comidas fraternais ágapes. En Galicia con este nome sobresae unha nobre do s IV, metade fantástica metade simbólica, que espallou na Península as doutrinas gnósticas do exipcio Marcos buscando a conciliación entre a relixión cristiá e a filosofía clásica. A festa de santa Ágape de Antioquía celébrase o 10 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento dedicado á evanxelización e aprendizaxe da Biblia. Fundado nos EE UU por Bill Bright en 1951 co nome Campus Crusade for Christ, estendeuse por todos os continentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na primitiva igrexa cristiá, muller que vivía asociada cun home e compartía con el un ideal de perfección. Os agapetas, tamén chamados subintrodutae, quedaron desautorizados no Concilio de Nicea (325).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do grego agapeto ‘amable, amado, amigo íntimo’. É sinónimo de Filemón, Amable, Amado e David. Documéntanse catro celebracións distintas. Non ten parroquia nin romaría propia en Galicia. A súa forma hipocorística é Tito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (535-536). Combateu o monofisismo, depuxo o patriarca Antimo de Constantinopla e xestionou sen éxito a paz entre Xustiniano e o Rei ostrogodo Teodato. Festa: o 20 de setembro na Igrexa latina e o 22 de abril na Igrexa ortodoxa grega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (946-956). Sucesor de Martiño III. Apoiou a reforma de Cluny e realizou un labor de moralización e disciplina en Roma. Pronunciouse a prol de Otón o Grande contra Berengario II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mozo romano de entre 15 e 18 anos que, en tempos do Emperador Aureliano, superou milagrosamente múltiples tormentos antes de sufrir martirio: botáronlle auga fervendo na barriga, arrincáronlle os dentes, colgárono polos pés sobre unha fogueira pero as lapas lambíano sen lle facer mal ningún. Os leóns do circo tamén se lle deitaron mansos aos pés. Morreu co peito atravesado por unha espada ou, segundo outra tradición, decapitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos sitácidos de dimensións pequenas, cola curta e coloración xeral verde, agás a cabeza que toma distintas coloracións segundo a especie. Viven en África tropical. Estes papagaios reciben o nome de inseparables polo forte comportamento social que amosan en catividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración do psiquismo que implica unha hipersensibilidade mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambiar unha persoa para ser máis bela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento do Salvador (1.240 km2; 261.188 h [1992]). A capital é Ahuachapán (83.885 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome francés de Aquisgrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast de Sverdlovsk, Rusia, situada nos contrafortes dos Urais centrais (50.000 h). Centro industrial dunha das rexións mineiras máis antigas do país que ten explotacións de ferro desde o ano 1702.

    VER O DETALLE DO TERMO