ágape
(
-
s
m
[RELIX]
Palabra moi empregada polos primeiros autores cristiáns para designar o amor cristián en oposición ao eros, o amor sensual. Aparece a miúdo nas epístolas de Paulo e de Xoán referíndose ao amor de Deus ou ao amor dos cristiáns entre eles. Os escritores latinos traducírono por caritas (caridade).
Ex: Xa dende antigo, o ágape corresponde a unha virtude humana moi importante.
-
s
m
-
[RELIX]
Comida en común que os primitivos cristiáns partillaban en sinal de irmandade. Os ágapes coincidían ás veces coa celebración eucarística, sen embargo, dende mediados do s III tiñan lugar na véspera da eucaristía, celebrada na mañá seguinte.
Ex: Os primeiros ágapes celebráronos os primeiros cristiáns.
-
[ALIM]
Banquete ou comida de familia ou amigos para celebrar algún acontecemento.
Ex: Tivemos onte un ágape no que probei un albariño magnífico.
Sinónimos: convite. -
[AGR]
Merenda, especialmente servida na eira o derradeiro día da malla, na cal toman parte todos os malleiros.
Ex: Celebraron un ágape ó rematar o traballo.
Sinónimos: banquete, comida, convite.
-
[RELIX]