banquete

banquete

(< fr banquet < itbanchetto ‘banquinho’)

  1. s m

    Comida na que concorren un gran número de persoas para agasallar a alguén ou para celebrar algún acontecemento. SIN: ágape (cult), convite.

    Ex: O banquete da voda celebrouse no restaurante Rocamar.

    Confrontacións: lupanda, festín.
  2. s m

    Comida moi abundante. SIN: comedela, bandullada (col).

    Ex: Hoxe o xantar éche case un banquete.