"APL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 111.

  • de aterraplenar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deixar liso un terreo eliminando os desniveis existentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principios nos que se centraron os obxectivos do rexionalismo galego. Foron elaboradas por Alfredo Brañas en 1892 coa axuda de Pereiro Romero, Cabeza de León e Álvarez Ínsua, conforme ao patrón das Bases de Manresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Nottinghamshire, Inglaterra, Reino Unido (64.599 h [1981]). É o centro industrial do Nottinghamshire, onde se asentaron industrias químicas, téxtiles, de construción mecánica, equipamento para a telecomunicación e confección e fabricación de mobles. Así mesmo, desenvolveuse como área residencial obreira de Nottingham.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. En 1870 trasladouse a Arxentina, onde actuou en numerosos melodramas. De volta a Barcelona (1883), ingresou no Romea para seguir coa súa carreira. Ángel Guimerà elixiuno como protagonista das súas obras Mar i cel (Mar e ceo), L’ànima morta (O espírito morto), Rei i monjo (Rei e monxe) e Terra baixa (Terra baixa). Estreou tamén obras de Frederic Soler e de Josep Pin i Soler. Nos últimos anos especializouse en papeis cómicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Estudiou no Conservatorio de París entre os anos 1896 e 1901. Dirixiu orquestras en Francia, Alemaña, Reino Unido e América do Norte. Dentro da súa produción, inscrita nunha tendencia impresionista, destaca a orquestración e dirección da estrea de Le martyre de Saint-Sébastien (O martirio de san Sebastián, 1911), de Debussy, e a peza Le miroir de Jésus (O espello de Xesús, 1923). Gañou o Gran Premio de Roma en 1901 coa súa cantata Myrrha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición mucilaxinosa, envolta en gasas e xeralmente quente, que se aplica sobre a pel como remedio medicinal. Pode reter gran cantidade de calor húmida e ten acción emoliente, calmante e antifloxística.

    2. Persoa feble e de saúde delicada.

    3. Persoa que resulta aburrida e molesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de parálise corporal de poucos minutos de duración, acompañada da caída ao chan do paciente, e habitualmente sen perda da consciencia. Prodúcese de forma súbita a causa dunha emoción intensa e, máis raramente, da narcolepsia.

    2. Síncope nerviosa que sofre un animal cando se ve sometido a unha situación extrema ou estresante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma onomatopeica que imita o son producido pola caída repentina dun obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cravo de certo tamaño que vai colocado nas lamias das rodas dos carros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico. Fillo de artistas de vodevil, debutou nos escenarios en 1898 coa compañía Eight Lancashire Lads, un grupo de oito rapaces dirixidos por William Jackons que realizaba números musicais. Despois continuou traballando nos teatros de variedades de Londres, onde aprendeu a construír personaxes e a preparar breves números cómicos e burlescos. Despois de participar en diversos espectáculos de relativo éxito, en 1908 entrou a formar parte da compañía de Fred Karno, Speechless Comedians, especializada en números de pantomima, coa que visitou o Folies Bergère de París e realizou unha xira por América. Nunha desas funcións de teatro de vodevil nas que participaba, foi descuberto por Groucho Marx. En 1913, despois dunha intensa traxectoria teatral, incorporouse á industria cinematográfica. Ese mesmo ano debutou en EE UU coa produtora Keystone, de Mack Sennett. Desenvolveu a súa poética de vagabundo romántico, marxinado da sociedade, popularizado co nome de Charlot,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica, filla de Charles Spencer Chaplin. Debutou co seu pai en Limelight (Luces, 1952). Entre 1967, con Pepermint frappé, ata 1979, con Mamá cumple cien años, colaborou en oito películas de Carlos Saura. Da súa carreira internacional destacan, entre outros, os filmes Nashville (1975), de R. Altman, Wellcome to L.A. (Benvido a Los Angeles, 1976), Remember My Name (Lembra o meu nome, 1979), de A. Rudolp, Les uns et les autres (Uns e outros, 1980), de Claude Lelouch, e Home for Holidays (Fogar de vacacións, 1995), de Jodie Foster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Iniciou a súa andaina artística co seu irmán Charles Spencer Chaplin, con quen colaborou en filmes como Shoulder Arms! (Armas ao ombro, 1918), A Dog’s Life (Unha vida de can, 1918), Pay Day (Día de paga, 1922) ou The Pilgrim (O peregrino, 1922). Retirouse coa chegada do cine sonoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración na forma ou función das células. Particularmente, refírese á alteración histolóxica producida na substitución reversible dunha célula adulta por outra tamén adulta, de xeito que se experimenta un cambio tisular de morfoloxía e función.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situar unha peza de madeira enriba doutra de xeito que queden cruzadas as súas fibras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento cinematográfico que consiste en mostrar un plano de dimensións iguais e simetricamente oposto ao anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se aplica no estudo ou no traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á célula ou ao organismo que presenta diplohaploidía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade dun organismo que alterna xeracións diploides con xeracións haploides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que alterna, dentro do seu ciclo vital, xeracións haploides e diploides de morfoloxía similar.

    VER O DETALLE DO TERMO