"Abia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 83.

  • Antropónimo que procede do xentilicio latino Fabianus ‘da familia de Fabio’. A forma feminina correspondente é Fabiana. San Fabián (?-250), papa e mártir, celébrase o 20 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista esloveno. Estudiou en Ljubljana e en Viena na Spezialschule de O. Wagner, do que foi asistente (1894-1896) e co que colaborou no libro Moderne Architektur (Arquitectura moderna, 1895). Das súas obras sobresaen as casas Ries (1898), Portos & Fix (1899) e Artaria (1900) en Viena. Reconstruíu Ljubljana tralo terremoto de 1895 e participou no plano regulador de Venecia (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento socialista creado ao redor da Fabian Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fabianismo.

    2. Membro ou partidario do fabianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do xentilicio romano Fabius, derivado da voz latina faba ‘faba’, e correspondente ao etrusco Fapi. É cognome dunha ilustre familia romana, á que pertenceron, entre outros persoeiros, Quinto Fabio Píctor, Quinto Fabio Máximo Cunctátor, Quinto Fabio Máximo Verrucosus, Quinto Fabio Máximo Emiliano, Quinto Fabio Máximo Rulliano, Quinto Fabio Máximo Serviliano, Marco Fabio Quintiliano, Marco Fabio Ambusto ou Marco Fabio Buteo. A forma feminina correspondente é Fabia. San Fabio (s III) foi bispo de Antioquía e morreu decapitado en Mauritania. A súa festividade celébrase o 31 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Arabia Saudí, fillo de Abd al-’Azīz II. Á morte do Rei Fay Palatino; ṣ āl, converteuse no primeiro vicepresidente do consello de ministros e príncipe herdeiro. No ano 1982 sucedeu o seu medio irmán Hālid. Practicou unha política conservadora e prooccidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe I de Xermania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hondarribia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rego longo, fondo e estreito que se fai nun terreo para poñer cimentos, levantar un valado, soterrar unha canalización, etc.

      1. Canle a cada lado dun camiño ou estrada para recoller a auga da chuvia.

      2. Suco que se fai no medio dos fosos secos dunha fortificación que serve para escoar a auga.

      1. Rego longo e fondo que se fai na terra para plantar ou sementar algo.

      2. Cada unha das fileiras de cepas que conforman unha viña.

    2. Muro de terra e pedras co que se cerra unha propiedade.

    3. Vela que se larga no primeiro mastro, a continuación do pau macho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave rapaz de entre 28 e 38 cm de lonxitude e 60 e 80 cm de envergadura, de alas relativamente curtas e redondadas e cola longa. Teñen a plumaxe das partes superiores de cor cinsenta escura e as inferiores claras con manchas castañas transversais. As femias son de maior tamaño. Aliméntanse principalmente de pequenas aves. Aniñan en plataformas en árbores. Habitan zonas forestadas onde sorprenden as presas cun voo áxil e rápido.

    2. Órgano vexetal con aspecto de talo moi delgado, de orixe foliar ou caulinar, que grazas ao seu acusado haptotropismo agárrase a calquera soporte e enróscase en hélice sobre el, de xeito que permite que a planta gabee.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abrir gabias nun terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘chave’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao SL da cidade de Granada (7.576h [1994]). A capital é Gabia La Grande. A economía está baseada na agricultura e na industria, especialmente na de material de construción. Do seu patrimonio cultural destacan o baptisterio paleocristián (s V), a torre árabe (s XV) e as igrexas da Gabia Chica e da Encarnación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Arabia Saudí (1975-1982), fillo do monarca ‘Abd al-’Aziz II. Foi vicepresidente do Consello de Ministros (1962-1975) durante o reinado do seu irmán consanguíneo Fay ṣ āl II, ao que sucedeu no trono cando este foi asasinado. Prooccidental en política interior, impulsou algunhas reformas moderadas. Sucedeuno o seu medio irmán Fahd I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade e destreza dunha persoa para falar de calquera cousa e convencer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a corola ou o cáliz cun labio ou máis, a miúdo, con dous.

    2. Antigo nome que recibían as plantas da familia das lamiáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos labios.

    2. Que se articula pola intervención dos labios. Nas realizacións vocálicas a característica maniféstase pola prominencia labial ([o], [ɔ], [u]). Nas realizacións consonánticas maniféstase por un contacto ou unha constrición entre os labios (bilabiais: [p], [b], [m]) ou entre outro órgano e os labios (labiodental: [f]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Articulación realizada coa participación dos labios.

    2. Fenómeno polo que se propaga o carácter labial dun son a outros que forman parte dunha mesma secuencia sintagmática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer labial un son.

    2. olverse labial un son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Thomas Edward Lawrence.

    VER O DETALLE DO TERMO