"Aden" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 144.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de virus de DNA de cadea dobre que producen afeccións, a miúdo asintomáticas, en mamíferos e aves, denominadas adenoviroses.
-
-
Arrincar cos dentes anacos dalgunha cousa.
-
Deixar a pegada dos dentes nalgunha cousa, mordendo con forza.
-
Darlle a forma dentada a un obxecto ou ferramenta.
-
Facer unha incisión nas castañas para que ao asalas non estoupen.
-
Encaixar dous elementos tomando como guía as súas formas dentadas.
-
Comezar a saír os dentes.
-
-
-
-
Pasar desde o exterior ao interior de algo.
-
Introducirse algo no interior doutra cousa.
-
Pasar a través dun corpo.
-
-
Notarse unha sensación con intensidade.
-
Comprender ou entender algo difícil.
-
-
Pasar a través de algo.
-
Introducir o pene na vaxina ou no ano.
-
-
Percibir unha sensación con intensidade.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Interioridade ou conxunto de sentimentos, sensacións, desexos e pensamentos que non se exteriorizan.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado entre as montañas de Chillón e a serra de Almadén, na vertente N de Sierra Morena, e regado polo río Valdeazogues (7.498 h [1996]). A principal riqueza é a minería; explótase o cinabrio, do onde se extrae o mercurio. As minas comezaron a ser explotadas no s IV a C e acadaron o seu máximo esplendor nos ss XVI-XVIII ao ser necesario o azougue (mercurio) para o refinado da prata das minas americanas. Almadén era o principal centro produtor de azougue do mundo e a súa produción dirixíase a América a través do porto de Sevilla. As minas e os procedementos técnicos para a obtención do azougue eran propiedade de financieiros alemáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Sevilla, Andalucía, na comarca de La Sierra ( 1.696 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
En Marrocos, enténdese como autoridade subalterna na cidade; nas tribos do campo ten ao seu cargo unha das partes nas que se divide esta.
-
Sarxento do exército marroquí.
-
-
Na milicia antiga, xefe militar ou capitán que ordenaba as tropas de infantería.
-
Cabo que mandaba dez ou doce homes a cabalo na capitanía de Ceuta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto activado que, durante a síntese de proteínas, actúa como intermediario na formación dun enlace covalente entre un aminoácido e o seu RNAt aceptor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma particular de fonema ascendente polo que se caracteriza un bo número de construcións interrogativas absolutas en moitas linguas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación artístico-musical creada na Estrada en 1932 que tivo continuidade ata a Guerra Civil Española. Entre os seus compoñentes estaban Antonio Fraguas y Fraguas, o musicólogo Antonio Pazo Álvarez, Avelino Durán Barros (presidente fundador) e Alfonso Isla Rubiáns.
-
CIDADES
Cidade do land da Baixa Austria, situada á beira do río Schwechat ao S de Viena (23.488 h [1991]). Ten unha coñecida estación balnearia (fontes de augas sulfurosas). O centro termal foi xa chamado polos romanos Aquae Pannonicae. Escollida como residencia de verán do Emperador do Sacro Imperio, Baden gozou dunha extraordinaria sona como estación balnearia desde finais do s XVIII, fama que aumentou coa construción do ferrocarril (1841). Durante a Segunda Guerra Mundial foi ocupada polo exército soviético e convertida no seu cuartel principal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo estado de Alemaña xurdido da unificación dos dominios da Casa de Baden e do proceso de disolución do Sacro Imperio. Estendíase pola beira dereita do Rin, desde Wertheim ata Basilea. Tiña unha extensión de 15.069 km2 e unha poboación ao comezo da Segunda Guerra Mundial de 2.813.657 h. A capital era Karlsruhe. Na época romana formaba parte dos Campos Decumanos. No 282 foi conquistada polos alamáns e foi incluída no ducado de Alemaña, baixo soberanía franca desde o s VI. No s X pasou a pertencer á casa de Zähringer e a finais do s XI o seu titular tomou o título de margrave. Despois da morte de Cristovo I (1527) a casa divididiuse en dúas liñas: a católica de Baden-Baden e a protestante de Baden-Durlach. Ao extinguirse a rama de Baden-Baden (1770), o país foi unificado baixo a persoa de Carlos Federico I da rama Baden-Durlach (morto en 1811), que se converteu no único margrave de Baden. En 1803, aliado de Napoleón, foi elevado á dignidade electoral e aumentou os seus estados...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casa dos príncipes do Sacro Imperio que rexiu diversos territorios alemáns. Orixinouse na familia dos Zähringen, que foron condes de Brisgovia, duques de Zähringen e margraves de Verona. Armando II (morto no 1130) foi o primeiro margrave de Baden (1112), localidade que herdou da súa nai, Judit de Backnang. Arredor do 1155 os seus descendentes adquiriron Hochberg (ou Hachberg). Á morte de Armando IV (1190), os seus dous fillos repartiron a herdanza: o primoxénito, Armando V, formou a liña de Baden-Baden e adquiriu os señoríos de Durlach, de Ettlingen (1218) e de Pforzheim (1236?); o segundo, Erico I, formou a liña de Baden-Hachberg (extinguida no 1418, a herdanza pasou á de Baden-Baden), da que naceu a rama de Baden-Sausenberg, que incorporou os señoríos de Rothelin e Badenweiler e o condado soberano de Neuchatel (que pasou por sucesión feminina aos Orleans, duques de Longueville), extinguida en 1503 pasou a herdanza a liña dos Baden-Baden. O margrave Armando VI de Baden-Baden, fillo de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura prehistórica eneolítica que se orixinou en Baden, ao S de Viena. Estendeuse por boa parte de Europa central (Austria, República Checa, Eslovaquia, Hungría, S de Polonia e Romanía) na primeira metade do segundo milenio a C. A parte económica baseábase no cultivo dos cereais e na gandería (bovina, porcina e ovina). É típica a súa cerámica decorada con liñas incisas tanto continuas como punteadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Círculo filosófico creado por Wilhelm Windelband (1848-1915) e dirixido máis tarde por Heinrich Ricket (1863-1936); xunto coa Escola de Marburgo representou a dirección predominante do Neokantismo alemán nos primeiros anos do século XX. Profundizou na comprensión da Filosofía como unha teoría do coñecemento, aínda que refutando do pensamento de Kant o excesivo Racionalismo, o Formalismo e a inclinación polas ciencias Matemáticas. Así mesmo, inclinouse cara á filosofía da cultura e da historia, nun primeiro momento, para finalmente profundar na teoría do coñecemento dos valores.
-
CIDADES
Cidade do land de Baden-Wüttemberg, Alemaña, no val de Oos, ao pé da Selva Negra (51.500 h [1990]). Posúe unha estación balnearia frecuentada xa polos romanos, quen construíron alí as súas termas. No s II era chamada Aurelia Aquensis. Posesión dos Zährigen desde 1052, Baden-Baden converteuse na residencia dos margraves de Baden ata 1689, ano no que os franceses destruíron a cidade. Ao longo do s XIX tivo un gran desenvolvemento, non só polo seu casino, senón tamén polo feito de converterse nun dos centros de veraneo dos monarcas europeos. En 1945 tranformouse en centro de goberno da zona de ocupación francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Margraviado do Sacro Imperio, do círculo de Suabia, que pertenceu desde 1515 a 1771 a unha rama da casa de Baden.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Margraviado do Sacro Imperio, do círculo de Suabia, que pertenceu desde 1515 a unha rama da casa de Baden, que agregaría as herdanzas das ramas de Hachberg (1535) e de Baden-Baden (1771).
-
PERSOEIRO
Militar e educador, fundador do movemento dos exploradores scouts. Destinado no exército colonial, tomou parte en accións militares na India e en África, onde puido comprobar as dificultades de adaptación da mocidade británica á vida ao aire libre e en condicións desfavorables, feito que lle levou a organizar un corpo de soldados escollidos, especialmente entrenados. En 1899 publicou Aids to Scouting (Axuda aos exploradores), onde recollía estas experiencias. O libro, chegado a Inglaterra en pleno sitio de Makefing (1899-1900), onde Baden-Powell tivo unha actuación destacada, acadou un éxito inesperado. Interesaba no só aos medios militares senón tamén aos representantes do ensino. Ao volver a Inglaterra Baden-Powell fixo unha adaptación do seu método destinada á educación civil dos máis novos. En 1907 experimentou a adaptación acampando con vinte rapaces procedentes de distintas clases sociais na illa de Brownsea, experiencia que recolleu en Scouting for Boys (Scoutismo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Alemaña (35.752 km2; 10.374.505 h [1997]). A capital é Stuttgart. Comprende sete rexións naturais: o Alto Rin, a Selva Negra, o Odenwald, o Neckarland, os Alpes de Suabia, os Prealpes e a rexión propiamente alpina, e está drenado polas concas do Rin, do Danubio e do Neckar. A poboación experimentou un forte incremento desde 1945 debido á chegada de refuxiados procedentes da República Democrática Alemana. Baden-Wüttemberg está moi industrializado; destacan as industrias téxtiles, de maquinaria e de electrónica. Ao acabar a Segunda Guerra Mundial o estado de Baden foi dividido polas potencias aliadas en dúas partes: o N foi incluído dentro da zona de ocupación norteamericana e formou o land de Wüttemberg-Baden. O S incluíuse dentro da zona de ocupación francesa e constituíu o land de Baden. No ano 1950 organizouse un referendo consultivo e votouse maioritariamente pola formación dun estado unificado; polo tanto Baden, Wüttemberg e Hohenzoller...