"Agar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 159.

    1. Asir ou suxeitar con forza coa man ou con outra parte do corpo.

    2. Soster ou tomar un obxecto na man.

    3. Coller unha doenza ou un mal hábito.

    4. Ser collido por alguén por calquera parte do corpo.

    5. Aguantarse, valéndose da man, a fin de evitar ser levado ou caer.

    6. Aproveitar algunha cousa como pretexto, ocasión ou oportunidade para obter algún beneficio. Tamén no sentido de valerse de alguén para salvagardarse.

    7. Pelexar animais ou persoas con ou sen armas.

    8. Empreñar unha vaca.

    9. Botar raíces na terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Executar mediante o garrote.

    2. Apertar con forza as ligaduras dunha cousa tensándoas e dándolle voltas a un pau que se lles entrecruza.

    3. Suxeitar a alguén de xeito que non se mova ou escape.

    4. Quedar inmóbil ou ríxido un membro do corpo a causa do frío, da humidade, dunha mala postura, etc.

    5. Quedar un aparello ou mecanismo calquera sen movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Tripura, na India, ao NL de Dacca, preto dun afluente do Meghna (157.358 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Māhāra ṣ h ṭ ra, na India (181.015 h [1991]). No s XV foi capital do Reino de Ahmadnagar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calcar en algo con forza ou realizar unha acción semellante á de pisar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer cesar o lume ou a luz.

    2. Diminuír o brillo ou a intensidade dunha cor.

    3. Facer desaparecer sensacións, desexos ou sentimentos.

    4. Cesar a luz ou o lume.

    5. Facer desaparecer sensacións, desexos ou sentimentos.

    6. Provocar un astro a eclipse doutro.

    7. Converter o cal vivo en cal morto botándolle auga.

    8. Facer que as velas saquen o vento que as infla pregándoas.

    9. Opción de menú do sistema operativo Mac OS coa cal se pecha este ao mesmo tempo que se interrompe o funcionamento do ordenador no que está instalado.

    10. Opción de menú do sistema operativo Windows que implica pechar este e coa cal queda acendido, sen embargo, o ordenador no que aquel está instalado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir de auga ou doutro líquido.

    2. Quedar algo somerxido debaixo da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminuír ou perder a forza algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bengala Occidental, India, preto do río Huglī (223.770 h [1991]). Constitúe un suburbio ao N de Calcuta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Gujarāt, na India (400.636 h [1991]). Situada no golfo de Khambhāt, é o principal porto da península de Kāthiāwār, centro exportador principalmente de cacahuetes e de algodón. Fundada no 1723, converteuse na capital do principado homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mancha de bosta na parte traseira do gando vacún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deposición inconsistente ou acuosa que se presenta normalmente como síntoma dalgunha afección intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cela municipal dalgunhas vilas de Galicia na que se apresaba a persoas por faltas leves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural compostelá fundada en 1921 e impulsada por Salvador Cabeza de León, Camilo Díaz Baliño, Enrique S. Guerra e Bernardo del Río. Representou No quinteiro, de Xesús San Luís Romero, e O Alalá, de Francisco Porto Rey (1922); Axúdate, de Charlón Arias e Sánchez Hermida (1923); A lenda de Montelongo, de Rey Pose e Buhigas Alavarrieta, e Vaites...vaites!, de Frade Giráldez (1924); e Antón de Freixide de Manuel María González (1925). Despois dun parón na súa actividade, achegouse de novo ao teatro trala Guerra Civil. En 1959, R. López Veiga-Ponte asumiu a dirección do grupo, que puxo en escena, entre outras, Unha noite no muíño (1959) e O fidalgo (1967), ambas as dúas de San Luís Romero; Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1961); Catuxa de Houlihan, de W. B. Yeats (1966); A noite vai coma un río, de Cunqueiro (1966); As bágoas do demo, de Valenzuela (1967); A...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer chagas.

    2. Cubrirse de chagas.

    3. Converterse en chaga unha ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra exterior constituída por dúas caras que forman ángulo, edificada diante dun baluarte para cubrirlle as frontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral fundada en 1981. A partir de 1986 comezou unha nova andaina da man da súa directora Margarita Guerra e tivo como principal obxectivo a mellora da técnica vocal. O seu repertorio abrangue máis de duascentas obras de polifonía profana e relixiosa, coros de ópera e zarzuela, folclore e cantigas galegas. Pertencente á Federación Coral Galega (FECOGA), participou nas programacións culturais do Concello de Vilagarcía, da Deputación Provincial de Pontevedra, de FECOGA e da Federación de Círculos y Casinos de Galicia, e ofreceu concertos en toda Galicia. Obtivo o primeiro Premio do I Certame Coral de Noia (1989) e o Premio de Interpretación da I Mostra de Panxoliñas Xacobeo ‘93. Participou en varias edicións do Festival de Ópera da Coruña, interpretando coros de óperas (Marina, La Traviata, Fausto, etc) da autoría de, entre outros, Donizetti, Arrieta, Verdi, Massenet, Gounod e Pucini, acompañada da Sinfónica de Galicia e da Orquestra do Norte de Portugal,...

    VER O DETALLE DO TERMO