"Ain" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 537.
-
PERSOEIRO
Filósofo, profesor da Universidade de París VIII dende 1969. É un dos principais representantes da filosofía actual. Entre as súas obras cómpre salientar: Théorie de la contradition (Teoría da contradición, 1976), Théorie du suject (Teoría do suxeito, 1982), Manifeste pour la philosophie (Manifesto pola filosofía, 1989), Conditions (Condicións, 1992), L’éthique: éssai sur la conscience du Mal (A ética: ensaio sobre a conciencia do Mal, 1993) e L’être et l’événement (O ser e o acontecemento, 1988), no que establece as bases para unha moral e unha ética materialistas. En D’un désastre obscur: droit, état, polithique (‘Dun desastre escuro e outros textos’, 1991) maniféstase a prol da vixencia do comunismo e expón as súas teses sobre o colapso da URSS. Así mesmo, é autor de numerosos textos sobre o mundo contemporáneo, o nacionalismo ou o teatro: Monde contemporaine et désir de philosophie (‘Mundo...
VER O DETALLE DO TERMO -
ESTADO
Estado de Asia formado por un arquipélago de 33 illas do Golfo Pérsico, situadas a uns 24 km da costa oriental de Arabia Saudí (678 km2; 508.037 h [1991], 595.000 h [estim 1998]). A capital é Al-Manama, situada ao N da illa de Al-Ba ḥ rain.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
As illas principais son Al-Ba ḥ rain (572 km2), Hawar (38km2), Umm Nasan (19 km2), Al-Mu ḥ arraq (17,4 km2) e Sitra (9,9 km2). Un dique artificial de 3.400 m de lonxitude une as illas de Al-Ba ḥ rain e Al-Mu ḥ arraq, e outro dique de 24 km Al-Bahrain con Arabia Saudí. Todas as illas do arquipélago son, en xeral, chas e areosas. Situado a 26° de latiude N, baixo o dominio climático tropical con temperaturas e taxas de humidade altas. A temperatura media anual e de 25°C. Numerosas especies xerófilas integran a súa vexetación. A fauna característica componse de lebres, lagartos e ratas do deserto.
Xeografía... -
PERSOEIRO
Astrónomo e político. Deputado polo terceiro estado, volveuse popular e foi elixido presidente do consello municipal de París en 1789. O 17 de xullo de 1791 ordenou cargar contra a multitude que reclamaba a abdicación do rei. Foi guillotinado en 1793. Membro da Academia de Ciencias de París, publicou diversos estudios sobre a historia da Astronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Electrotécnico. Traballou activamente na aplicación do electromagnetismo na telegrafía. Perfeccionou o sistema Morse e en 1846 inventou un telégrafo electroquímico. Traballou tamén na reprodución telegráfica de imaxes e perfeccionou o reloxo eléctrico.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e psicólogo. Contribuíu á fundación da revista Mind (1876). Aplicou os descubrimentos da Fisioloxía e da Patoloxía no asociacionismo de J. S. Mill, tratando de darlle unha base científica. Escribiu The senses and the intellect (Os sentidos e o intelecto, 1855), The emotions and the will (As emocións e a vontade, 1859), Logic, dedutive and indutive (Lóxica, dedutiva e indutiva, 1870) e Education as a sciencie (Educación como ciencia, 1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Betanzos. As súas armas levan, en campo de ouro, unha vaíña coa súa espada dentro. Como acontece a cotío, o apelido aparece grafado cun b- non etimolóxico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado no concello de Baiona. Aínda que non se coñece a data da súa fundación, documéntase por primeira vez nunha doazón de Afonso VII no ano 1137, na que fai entrega de toda a vila de Erizana —antigo nome de Baiona— ao devandito mosteiro, ao seu prior e a todos os monxes que alí vivían. Abandonado durante moito tempo é hoxe unha propiedade privada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cenobio feminino situado no concello de Agolada. Unha vez restablecida a vida monacal no mosteiro compostelán de Antealtares, no ano 1499, o mosteiro de San Pedro da Baíña foi agregado ao devandito cenobio feminino de San Paio xunto con outros 16 mosteiros de varios séculos de antigüidade entre os que se encontran Piloño, Brandariz, Camanzo, Dozón, Ansemil ou Albeos.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de santo Antolín.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa e mosteiro situado na parroquia de Baíñas (Vimianzo). O antigo mosteiro medieval, de orixe descoñecida, foi fundado durante o episcopado de Sisnando I, bispo de Compostela. Tivo o título de abadía ata o ano 1417, data na que foi anexionado ao cenobio de San Pedro de Fóra de Santiago, por privilexio do arcebispo don Lope de Mendoza. En 1487 converteuse en priorado de San Martiño Pinario. Actualmente é igrexa parroquial. Das súas antigas dependencias só se conserva o templo de estilo románico avanzado, datado no primeiro terzo do século XIII; destaca a ábsida, de planta rectangular, cun arco triunfal apuntado e dobrado que descansa en capiteis troncocónicos con decoración vexetal moi xeometrizada. No exterior son notables as arcadas de medio punto que se dispoñen entre os contrafortes da capela. Nos beirís dos tellados da nave consérvanse numerosos canzorros decorados con figuras humanas. O tímpano da porta norte decórase coa figura dun xinete, de formas moi bastas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Formouse no Massachusetts Institute of Technology. Foi profesor da Universidade de Harvard, traballou en Los Alamos (1943-1946) e foi o director do ensaio da primeira bomba atómica. Inventou o espectrógrafo de masas que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e actriz teatral. A primeira novela que publicou foi A weekend with Claude (Unha fin de semana con Claude, 1967). Obtivo o Premio Guardian de novela con The bottle factory cuting (A factoría da botella cortante, 1974) e o Whitbread con Injury time (Tempo de desconto, 1977). Escribiu tamén Young Adolf (O mozo Adolf, 1978), Winter garden (Xardín de inverno, 1980), Watson´s apology (A apoloxía de Watson, 1984), Mum and Mr. Armitage (Mamá e Mr. Armitage, 1985), Filthy lucre (O vil metal, 1986), An awfully big adventure (Unha aventura tremendamente forte, 1989) e The birthay boys (Os rapaces do aniversario, 1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos bainings ou á súa lingua.
-
Individuo da tribo baining.
-
Tribo agrícola seminómade de Nova Bretaña, de lingua non melanésica, clasificada a miúdo entre os pigmeos de Malaisia a causa da baixa estatura (159 cm de media) dos seus individuos.
-
Lingua non melanésica falada en Nova Bretaña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agregado de ferrita e carburo de ferro que aparece, nunha forma inestable, nos aceiros e nas fundicións, cando se transforma isotermicamente en austenita. A estrutura bainítica pódese fixar nos aceiros engadíndolle níquel ou molibdeno, de xeito que aumenta a súa resistencia á tracción, ao tempo que mellora a resiliencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á bainita.
-
PERSOEIRO
Historiador. Nas súas investigacións históricas insistiu na importancia do papel das clases medias no equilibrio e no desenvolvemento político e social de Francia. Entre os seus traballos cómpre mencionar Histoire de La France (Historia de Francia, 1924), Napoleon (1931) e La Troisième République (A Terceira República, 1935). Foi membro de Acción Francesa dende 1908.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
millo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantidade de algo que se colle na man dunha soa vez.