"Alcar" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 56.

  • Apelido de orixe toponímica. Este nome de lugar xa se documenta na Idade Media como valle carceris ‘val encaixado’. O apelido documéntase desde o s XIV: Garcia Rodrigues de Valcarcere (s XIV, Galdo, páx. 254), Joseph Balcarce (ano 1752, Catastro da Coruña, páx. 58), Manuel Balcarcel (ano 1752, Catastro de Santiago, páx. 127), Cathalina Valcarcel (ano 1752, Catastro da Coruña, páx. 121). Presenta as variantes Balcarce e Valcárcel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como Diario de Pontevedra, Galicia Recreativa e El Ideal Gallego, escribiu a novela María, o libro de poemas Flores de espino (1900), o estudo La redención de foros (1907), e os dramas Luchar con el corazón (1884), El gran proyecto (1888), Pontevedra en el siglo XX (1891), Siluetas (1893), Palique (1901), Una noche en el infierno (1906) e Soledad (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Valcarce.

    2. Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, cinco paus de sinople, recurtados e o pé fixado, como estacas. Outro trae, en campo de goles, cinco paus de ouro, saíntes do bordo superior do escudo e fixados, tocando o bordo inferior da punta. Outro, en campo de ouro, catro paus, dous de goles e dous de sinople, alternando, saíntes do bordo superior do escudo, e fixados tocando o bordo inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Doutor en Dereito Mercantil, Economía e Estatística, foi secretario do Consello Superior das cámaras de comercio. Foi candidato a Cortes polas Irmandades da Fala (1918). Publicou Poesías (1917), O municipio galego (1917) e Cámaras de comercio, industria y navegación (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Historia Contemporánea, especializouse na historia política dos anos 1900-1936 e no galeguismo, ademais de temas relacionados cos medios de comunicación galegos e coa obra dos escritores ourensáns. Foi presidente fundador do Clube Cultural Alexandre Bóveda de Ourense. Das súas obras destacan, ademais da súa colaboración en diversos xornais galegos, A prensa en Ourense e a súa provincia. Catalogación e estudo (1987), Ramón Otero Pedrayo, vida, obra e pensamento (1988) con X. R. Quintana, A cidade da xeración Nós (1996); a edición crítica de O libro dos amigos (1997) de R. Otero Pedrayo, Eladio Rodríguez González. Vida e obra (2001) e Xaquín Lorenzo. Vida e obra (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Licenciado en Belas Artes nas especialidades de restauración e pintura (1981), ampliou os seus estudos no campo do deseño gráfico e do deseño de interiores e decoración. Realizou paisaxes, retratos e bodegóns, de carácter realista, e gravados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Articulista prolífico, destacou polo seu interese polo sistema métrico decimal que se observa en Cuadro de equivalencia de las antiguas medidas españolas con las del nuevo sistema métrico decimal (1852), ademais dun estudo sobre navegación aérea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista e realizador cinematográfico. En 1961 obtivo o título en dirección na Escuela Oficial de Cine de Madrid, onde foi profesor. Logo de varias curtametraxes dirixiu Miguelín (1964), un filme infantil co que obtivo o Gran Premio do xurado no Festival de Cine para a Xuventude de Cannes. Non volveu á longametraxe e dedicouse á dirección de curtametraxes e á escrita de guións ata que en 1977 decidiu dedicarse só ao seu traballo como guionista. Escribiu guións para Antonio Mercero, como a adaptación de La guerra de papá (1977) ou o guión orixinal de Espérame en el cielo (1987), así como os das series televisivas Verano Azul, Turno de oficio e Farmacia de Guardia; e para José Luis Garci, con quen iniciou a súa colaboración con El crack (1980), e realizou case que todos os guións e adaptacións dos filmes do director, como Ninette (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Audidacta de formación, comezou na fotografía de xeito casual na década de 1950. Crítico fotográfico nas revistas Arte Fotográfico e Nueva Lente, foi membro da Agrupación Fotográfica Lucense. A súa obra moveuse en tres eixes: a paisaxe galega, os tipos populares (oficios desaparecidos, a vida urbana/rural) e o retrato, tanto anónimo como de artistas recoñecidos, en que captou os momentos máis críticos do home. Participou no I Salón Galaico-Portugués e na I Fotobienal de Vigo (1984). Da súa obra destaca As viúvas do mar (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Corgo. A súa orixe relaciónase coa familia López do Corgo (s XVI), aínda que o edificio que se conserva, de estilo barroco, débese ás intervencións dos Valcárcel, sucesores na liñaxe do pazo. O conxunto está formado por un edificio residencial de planta rectangular que tiña unido unha pequena capela empregada como vivenda e que dá acceso a un patio interior ao que se abren o resto das dependencias anexas. Destaca a presenza señorial da fachada moi ornamentada con arcadas, pilastras pegadas e un corpo central cun frontón co escudo de armas dos Neira, Balboa, Miranda e Saavedra e os Valcárcel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xesús Manuel López Valcárcel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xulio López Valcárcel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viveiro baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Bierzo, situado na provincia de León, Castela e León, e situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (844 h [2001]). A economía baséase no sector agropecuario. Atópase na área lingüística do galego oriental-central, e a súa historia está moi vinculada á ruta xacobea. As parroquias que o integran pertenceron á diocese de Lugo ata 1945, data en que pasaron á de Astorga. En 2000 debateuse no pleno da corporación municipal unha moción que propuña principiar a tramitación dun expediente de anexión á Comunidade Autónoma de Galicia, pero foi rexeitada e a declaración do galego como lingua oficial (2001), revogouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha, regado polo río Gigüela (3.468 h [2001]). Ten unha pequena industria alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO