"Aller" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Licenciado en Ciencias Políticas e xornalista, en 1986 fundou Estudio 13, compañía produtora coa que fixo unha serie de documentais sobre a cidade de Santiago de Compostela, nos que colaborou como guionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e realizador. Realizou estudios de Ciencias Políticas e Ciencias da Información. Director de Estudio 13, foi produtor executivo da película El Pórtico de la Gloria, realizador de De Jaca a Compostela, Las calles de Dublín e Phoenix Park, e produtor de Música en Compostela. Escribiu Londres e Vigo, calles y rincones e Bodegas de Galicia (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista, botánico, fisiólogo, médico e poeta. Tiveron moita relevancia en medicina os seus estudios sobre a contractilidade do tecido muscular e a sensibilidade do sistema nervioso. Ademais, foi un dos primeiros en establecer unha relación directa entre o bocio endémico e a xeoloxía da rexión. Como botánico, escribiu unha crítica libre sobre a obra de Linné e creou as bases dun sistema de clasificación fundamental no parentesco natural. Como poeta é autor de diferentes libros de poesía lírica e descritiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura (9.492 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandería. A cidade foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1967. Destacan o dolmen de Toniñuelo (BIC, 1931) e os restos da antiga fortificación medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e sindicalista. Obreiro estucador, ingresou en UGT en 1890 e no PSOE en 1894. Formou parte das súas directivas desde 1914 e 1915, respectivamente. Membro do comité de folga de 1917, foi condenado a trinta anos de prisión, pero ao ser elixido deputado por Barcelona en 1918, foi amnistiado. Colaborou brevemente coa Ditadura de Primo de Rivera (1924) e foi ministro de Traballo na Segunda República (1931-1933). Elixido presidente do PSOE (1932-1935) liderou a á esquerda do partido e das Xuventudes Socialistas, e propugnou unha política revolucionaria de fronte obreira. Non conseguiu desbancar a I. Prieto e aos socialistas moderados da dirección do partido, pero conservou o predominio na UGT. Elixido deputado en febreiro de 1936, tralo comezo da Guerra Civil foi xefe dun goberno de Frente Popular desde setembro dese ano e reservouse o ministerio da Guerra. Despois dos sucesos de maio de 1937 en Barcelona dimitiu e exiliouse en Francia trala guerra. Apresado polo goberno de Vichy foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela cabaleiresca castelá anónima, da primeira metade do s XIV, editada en 1512. Narra as aventuras de Cifar, da súa muller, Grima, e dos seus fillos, Garfín e Roboán. Manifesta, entre outras, influencias orientais, latinas, da lenda de santo Eustaquio, da materia de Bretaña e das Partidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de museos e galerías do Vaticano iniciados no s XVIII. Benedito XIV creou o Museo Sacro (1756) e Clemente XIII o Museo Profano (1767), ambos foron instalados suntuosamente na galería da Biblioteca Apostólica Vaticana. Clemente XIV (1770-1774) transformou en museo o palacio do Belvedere de Inocencio VII, e instalou as coleccións de escultura antiga iniciadas por Xulio II (1503-1513), formando así o Museo Pio-Clementino. Pío VI ampliouno e Pío VII (1800-1823) engadiulle a galería setentrional, sé do denominado Museo Chiramonti e Braccio Nuovo. Gregorio XVI fundou o Museo Gregoriano Etrusco (1837) e o Museo Gregoriano Egizio (1839). Pío XI fixo unha nova entrada aos museos e o edificio da Pinacoteca Vaticana (1932). Paulo VI (1970-1973) engadiulle a Collezione d’Arte Religiosa Moderna e abriu ao público o Museo Gregoriano Profano (creado en 1843 por Gregorio XVI), o Museo Pio Cristiano (creado en 1854 por Pío IX) e o Museo Missionario Etnologico (fundado por Pío XI en 1926). Dentro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado en Lalín. Dedicado ao sacerdote e astrónomo Ramón María Aller Ulloa, os seus fondos están formados polo conxunto dos seus documentos, fotografías, instrumentos e libros. Acolle tamén unha colección de obras de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro. Organiza a Bienal Laxeiro, exposicións temporais e outras actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte situado en Londres. A súa orixe remóntase á adquisición por parte do goberno inglés (1823), da colección do xudeu ruso J. J. Angerstein. Foi instalada desde 1838 no edificio de W. Wilkins en Trafalgar Square e considérase un dos museos máis ricos en pintura occidental desde o prerrenacemento italiano ata o postimpresionismo francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio fundado en 1943 por Ramón María Aller en Santiago de Compostela, que sucedeu o observatorio particular que posuía en Lalín. Depende do Vicerreitorado de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, e as súas principais funcións son a investigación, centrada principalmente no estudo de estrelas dobres e múltiples, e a docencia. Ademais colabora co Instituto Nacional de Meteorología.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e inventor. Ingresou no Colegio Naval de Cádiz, onde acadou o grao de alférez (1872). Como oficial serviu en Cuba e Filipinas, e participou no saqueo naval de Bermeo, durante a Terceira Guerra Carlista. Foi profesor de física e química na Escuela de Ampliación de Estudios de Marina en Cádiz. Interesado pola navegación submarina, continuou os estudos de N. Monturiol e inventou un submarino propulsado electricamente (1885). Aínda que as autoridades españolas non o axudaron, non permitiu que o seu invento se desenvolvese no estranxeiro. Tamén inventou, entre outros, un proxector luminoso, un acumulador eléctrico, un varadoiro de torpedeiros ou unha metralladora eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Na súa poesía lírica buscou a perfección formal e atacou frecuentemente o romanticismo. Escribiu Ghaselen (Gacelas, 1821), Sonette aus Venedig (Sonetos Venecianos, 1825), Der romanische Oedipus (O romántico Edipo, 1828), onde atacou a Heine, e Geschichten des Königreichs Neapel (Historias do reino de Nápoles, 1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Santiago, República Dominicana (622.101 h [2002]). Situada ao N da illa, á beira dereita do río Yaque del Norte, na zona máis fértil do val do Cibao, é a segunda cidade do país. Posúe industrias de tabaco, madeira, destilarías e conservas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obradoiro onde se fai unha tarefa manual, industrial ou artística.

    2. Conxunto de discípulos ou de colaboradores dun mesmo mestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade de produción creada en París polo goberno provisional revolucionario en febreiro de 1848, que se inspirou, aínda que desvirtuándoas, nas ideas sociais de Louis Blanc. Para combater a crise social e económica, os obreiros en desocupación forzosa foron colocados en obras públicas, pero o seu traballo, mal organizado, non foi rendible. A súa disolución ocasionou violentos incidentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte, con sede central en Londres, inaugurado en 1897. Baseado na colección de sir Henry Tate,   está formado pola Tate Britain, a Tate Modern, a Tate Liverpool e a Tate St. Ives.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Florencia. O seu fondo, proveniente das coleccións artísticas particulares dos Medici, foi instalado no palacio homónimo, que comezou a construír Giorgio Vasari (1560) e acabaron Alfonso Parigi e Bernardo Buontalenti en 1580. O derradeiro membro da familia Medici, Anna Maria Ludovica, doou a galería ao estado toscano (1737), e Pietro Leopoldo de Lorena, sucesor dos Medici como gran duque de Toscana, abriuno ao público (1765). Contén pintura toscana desde o s XII ao XVIII, pintura doutras escolas italianas, flamengas e alemás, escultura e tapices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha (5.262 h [2001]). Está bañado polo río Gigüela, afluente do Guadiana. Ten industria do azafrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Thomas Wright Waller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e organista de jazz. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Coñecido como Fats Waller, fundou en Nova York (1931) o Fats Waller and his Rhythm. O seu humor e o seu estilo convertérono nun dos artistas máis destacados entre 1920 e 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO