"Aman" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 250.

  • Primeiras horas da mañá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de amaneirar.

    2. Dise do ademán, xesto, forma de vestir ou expresarse rebuscados e refinados, conforme a moldes establecidos e faltos de naturalidade.

    3. Aplícase a un home que ten aspecto, modais, voz, xestos, etc característicos dunha muller.

    4. Aplícase á persoa, escritor, artista, xestos, expresións, posturas, linguaxe, estilo, e outras formas de carácter afectado.

    5. Durante moito tempo designou a corrente manierista, pola súa significación de artista que facía a súa arte ‘ó xeito’ dun mestre. Esta denominación foi abandonada a medida que se foi revalorizando o movemento manierista e profundándose no seu estudio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de amaneirar ou amaneirarse.

    2. Afectación dunha persoa nos seus xestos ou na forma de ser.

    3. Comportamento e xestos femininos que caracterizan a un home.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amosar unha certa uniformidade afectada e forzada na expresión, na postura, no vestido, na linguaxe e no resto das accións.

    2. Facerse amaneirado, especialmente un escritor ou artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ceo claro con nubes que se asemellan ao algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de pesca que se realiza ao amencer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bebido’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘emborrachar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador, probablemente catalán, do que se conservan dúas longas composicións en versos de seis sílabas, Ensenhament del scudier e Ensenhament de la donzela, nos que dá consellos interesantes para a coñecer a vida cotiá da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da orde dos amanitais, de cogomelos de sombreiro con láminas libres, esporas brancas e pé con volva na base que pode presentar anel. En Galicia son frecuentes: A. citrina, baixo arbores caducifolias, con sombreiro amarelo ou branco e cheiro a pataca, indixesta; A. gemnata, baixo caducifolias ou coníferas e inodora, non comestible; A. muscaria, de sombreiro vermello con restos brancos do velo, en bosques de bidueiros e coníferas, alucinóxena; A. pantherina, baixo caducifolias, con sombreiro de pardo a ocre con copos brancos, moi velenosa; A. phalloides, baixo planifolias, con sombreiro verde cobrizo, mortal; A. rubescens, presente tanto en bosques de coníferas como de caducifolias, con sombreiro pardo avermellado e numerosos copiños grisallos, excelente comestible; A. vaginata, baixo carballos, de sombreiro umbonado de cor grisalla e pé sen anel, bo comestible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da orde dos amanitais.

    2. Orde de fungos da subclase das agaricomicetídeas o que pertencen os xéneros Amanita e Limacella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de dúas substancias extremadamente tóxicas, extraídas da Amanita phalloides, de estrutura polipeptídica, consideradas xeralmente como alcaloides malia non ter carácter básico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado do Brasil (142.358 km2; 326.000 h [estim 1995]). A capital é Macapá. Atópase na rexión do N, entre a Güiana Francesa e o esteiro do Amazonas; é accidentado ao NO, pola serra de Tumucumaque, prolongación oriental do macizo das Güianas, constituíndo no resto unha gran chaira cunha elevación central, a serra do Navío, na que se descubriron en 1946 importantes xacementos de manganeso. O litoral, que se estende entre o río Oiapoque e o canal do Norte no esteiro do Amazonas, é moi pantanoso. O país está drenado polas concas do propio Oiapoque e do Jari, afluente do Amazonas, que marca a linde co estado de Pará. O clima é tipicamente ecuatorial (o ecuador atravesa a capital) e dá lugar a unha vexetación selvática, aproveitada para a extracción de madeiras nobres e caucho. A costa está poboada por vexetación de manglares. O territorio segregouse do estado de Pará no 1943 e estivo moito tempo en litixio entre Francia e o Brasil. Conseguiu o status de estado no 1990.

    2. Maña xeralmente non legal que se emprega para conseguir unha cousa, para gañar algo ou solucionalo.

    3. Acción e efecto de amañar ou reparar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maña xeralmente non legal que se emprega para conseguir unha cousa, para gañar algo ou solucionalo.

    2. Acción e efecto de amañar ou reparar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo indíxena (populi) da Gallaecia romana, no conventus asturicense que, segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba a área próxima de Asturica Augusta (actual Astorga, Castela-León), núcleo urbano principal deste pobo. Debido ás dúbidas e discrepancias entre os diferentes autores que se ocuparon do estudo dos populi, aparece ás veces citado co nome de amacos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de amansar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Eliminar dun animal as súas calidades de ferocidade ou un estado anormal de indocilidade, furia ou rabia, para tornalo manso.

    2. Calmar a ferocidade, a ira, a malevolencia, o odio ou calquera manifestación violenta.

    3. Deixar de ser violenta, adusta, arisca ou esquiva unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina empregada inicialmente como antivírico para a profilaxe da gripe A2. Posteriormente, observouse que ten certa eficacia no tratamento da enfermidade de párkinson.

    VER O DETALLE DO TERMO