amanos ETN/HIST ou amanii
amanos ETN/HIST ou amanii
Pobo indíxena (populi) da Gallaecia romana, no conventus asturicense que, segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba a área próxima de Asturica Augusta (actual Astorga, Castela-León), núcleo urbano principal deste pobo. Debido ás dúbidas e discrepancias entre os diferentes autores que se ocuparon do estudo dos populi, aparece ás veces citado co nome de amacos.