"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Produto intermediario na fabricación de colorantes antraquinónicos, que se obtén por redución da 2-nitroantraquinona ou por aminación do ‘sal de prata’. Forma cristais vermellos que funden a 320°C, insolubles en auga e solubles nos solventes orgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol alifático terciario e volátil que ferve a 102°C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico sintético, psicoactivo e de propiedades alucinóxenas. É unha droga perigosa pola súa alta adicción e polos seus efectos sobre o sistema nervioso central. Unha vez pasado o seu efecto, persisten certos trastornos psicolóxicos, como confusión, insomnio, perda de memoria, psicose e paranoia, que poden presentarse ata varias semanas despois do seu consumo. A MDMA destrúe as neuronas produtoras de serotonina e fisicamente provoca trastornos musculares, taquicardia ou visión borrosa. OBS: Tamén se denomina coloquialmente éxtase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece Amad Shāh Durrānī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e político hindú que entrou ao servizo da administración británica. Convencido da superioridade da cultura europea, tentou modernizar o Islam, provocando reaccións antireformistas. Fundou a Aligarh High School (1878), colexio anglo-oriental convertido en universidade (1920) e a sociedade reformista Muslim Educational Conference (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro soberano do Afganistán (1747-1773). Fundou o Reino de Quandahār (1747), cambiou o nome polo de A ḥ mad Shāh e adoptou o título de durr-e-durrán (‘perla das perlas’). Construíu un imperio que ía do Amu-Darxa á India e do Tibet ao Corasan. Derrotou o Gran Mongol, A ḥ mad Shāh, quen lle cedeu o Punxab e Caxemira (1752), e apoderouse de Deli (1757). Sucedeuno o seu fillo Tīmūr Shāh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor manierista alemán. Traballou en Praga, onde foi Pintor de Cámara do Emperador Rodolfo II. Tratou temas mitolóxicos e alegóricos e destacou como retratista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Aaleniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro piso e idade do Dogger ou Xurásico medio, comprendido entre o Toarciano e o Baxociano. O estratotipo é o piso de Aalen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo noruegués. Profesor en Halle e Oslo, distinguiuse como historiador da filosofía e pola súa concepción non reducionista da natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome do segundo soberano da I dinastía de Ur, que significa ‘Pai elixido por An’. Fillo de Mesannepadda (‘Heroe elixido por An’), fundador da dinastía contra o 2560 a C, sucédeo á súa morte acaecida contra o 2525. Sábese que mandou construír o templo de Ninhursag en Al-’Ubaid, salientable pola súa decoración. Durante o seu reinado, pouco despois do 2500, subiu Ur-Nanse ou Urninna ao trono de Lagash. Aínda que tivo un pacífico reinado, foi coñecido polo alcume Guerreiro de Nanshe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e comediógrafo noruegués. Representou de forma satírica a vida dos campesiños. É autor de cinco volumes de contos (1933) e das comedias Storken (Cegoñas, 1895) e Hanen (Galiñas, 1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e poeta noruegués. Froito do seu estudo dos dialectos noruegueses publicou en 1848 Det norske folkesprogs Grammatik (Gramática da lingua popular norueguesa) e en 1850 o primeiro dicionario desta lingua, Ordbog over det norske folkesprog (Dicionario da lingua popular norueguesa). Tamén cultivou a poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo, cámara e realizador de cine e televisión. Iniciouse no mundo do cine como cámara e foto-fixa no Equipo Imaxe desde 1974, onde permaneceu ata a súa disolución, intervindo nas primeiras películas do cine galego: Illa, A fala do muíño mudo e Arredor, entre outras. Socio fundador en 1981 da produtora Espello Vídeo-cine que, xunto con Trama, foi pioneira en Galicia. Ata 1985 realizou numerosos traballos como cámara, editor e realizador tanto de vídeo industrial como de documental e vídeo creación. Foi colaborador gráfico na revista Teima e creou varios vídeos de ficción (O neno con pernas de pomba) amais doutras obras no campo da imaxe como Hardo e 365. Dende 1985 traballa como realizador na TVG. Foi galardoado no ano 1987 co premio Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sinesio García Fernández .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e historiador aragonés. Primeiro Bispo de Eivissa (1783), Bispo de Astorga (1787) e Arcebispo de Selimbria. En 1792 acadou o cargo de Inquisidor Xeral de España. Foi un reformista galicanista que, ao tempo que aprobou a Constitución Civil do clero francés, tentou abolir, coa axuda de J. A. Llorente, o Santo Oficio que presidía. Destituírono en 1794.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e político. Foi Bispo de Michoacán en 1810. En 1814, de volta á Península Ibérica, Fernando VII nomeouno Ministro de Gracia e Xustiza, cargo que exerceu por pouco tempo debido ao seu encarceramento, ordenado pola Inquisición. Ceibado polos constitucionais liberais en 1820, nomeárono Bispo de Tortosa (1820-1824). Morreu no convento de Santa María de Sisla, onde se recluíra en 1824, unha vez rematado o Trienio Liberal ou Constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade pertencente ao Khūzistān, Irán, (294.068 h [1976]). Está situada no delta común compartido por Kārūn e o Shatt al-’Arab, preto do golfo Pérsico. A illa é territorio iraniano dende 1847. Ten unha refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curtir unha pel de cordeiro ou de ovella converténdoa en badana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Silleda, dedicado á Virxe dos Desamparados levantado en orixe baixo a dirección do mestre de obras Melchor Ricoi ao longo do século XVII. Edificio resolto cunha planta de cruz latina seguindo os ideais estéticos do Neoclasicismo. Destaca a súa concepción espacial e a torre campanario, onde se aprecia o tránsito do Barroco cara ao Neoclásico.

    VER O DETALLE DO TERMO