Abad Abad, Manuel

Abad Abad, Manuel

Fotógrafo, cámara e realizador de cine e televisión. Iniciouse no mundo do cine como cámara e foto-fixa no Equipo Imaxe desde 1974, onde permaneceu ata a súa disolución, intervindo nas primeiras películas do cine galego: Illa, A fala do muíño mudo e Arredor, entre outras. Socio fundador en 1981 da produtora Espello Vídeo-cine que, xunto con Trama, foi pioneira en Galicia. Ata 1985 realizou numerosos traballos como cámara, editor e realizador tanto de vídeo industrial como de documental e vídeo creación. Foi colaborador gráfico na revista Teima e creou varios vídeos de ficción (O neno con pernas de pomba) amais doutras obras no campo da imaxe como Hardo e 365. Dende 1985 traballa como realizador na TVG. Foi galardoado no ano 1987 co premio Santiago.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña