"André" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • Gran sartego atopado en Sidón, probablemente a tumba dun dos príncipes da cidade, con relevos que representan a Alexandre en combate. Obra de feitura grega (s IV a C) consérvase no Museo de Istambul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do grego Aléksandros (’Aλέξανδρος) composto polo verbo ἀ λέξω ‘protexer, defender’ e o substantivo ἀ ν ή ρ, ἀ νδρός ‘home’, é dicir, ‘defensor dos homes’ ou ‘protexido’, que chegou a nós a través do latín Alexander, -andri. Conta a lenda que cando Príamo e Hécuba esperaban un fillo, un oráculo advertiulles que aquel meniño habería traer a ruína de Troia. Por mor do augurio, os pais abandonaron o neonato no monte Ida. Alí foi recollido por uns pastores que lle deron o nome de Alexandro polo contido semántico que tiña o termo (‘protexido’). Entre os santos que teñen este nome, cómpre salientar: santo Alexandre I (s II), santo Alexandre de Bérgamo (s III) e o príncipe de Novgorod, santo Alexandre Nevski (s XIII). Ao se fundar a cidade de San Petersburgo (1703), Pedro o Grande consagroulle un mosteiro e converteuno en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romanés que participou na Revolución do 1848. Iniciouse baixo a influencia do Romanticismo francés e evoluíu cara a formas máis tradicionais. A súa obra componse de fábulas, sátiras e poemas de tema histórico, de carácter lírico-patriótico, foi recollida no 1863 co título Meditatii, elegi, apistole, satire si fabule.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo, tradicionalmente empregado en Occidente, da cidade turca de nome árabe Iskenderun.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Animador cinematográfico francés de orixe rusa. Inventou a pantalla de agullas: imaxes compostas por miles de agullas que, máis ou menos afundidas, modifican a superficie que se filma segundo unha iluminación rasante. Todas as súas películas seguiron unha técnica de filmación imaxe por imaxe. As súas obras máis importantes son Une nuit sur le mont Chauve ( Unha noite no monte Chauve, 1933), o prefacio de Procès (O proceso, 1962) de Orson Welles e Le nez (O nariz, 1963) sobre a obra de Gogol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Inicialmente estivo relacionado co Grupo Parpalló (1957) e, baixo a influencia de Oleiza, Brâncusi e Pevner, recolleu as experiencias informalistas do momento, como manifestan as súas estruturas metálicas retortas. Afastado desta liña, en 1961, concretou a ligazón entre a arte e a comunidade social (La veu d’un poble 1964-65, Monument a l’amor 1965-67, My black brother 1966), reduciu a complexidade da escultura e empregou unha linguaxe pragmática. Ao final dos sesenta, iniciou unha recoñecida fase de experimentación con elementos metálicos; realizou obras cinéticas a partir de materiais comúns (Catalán power 1976) e comezou a facer esculturas de gran formato e monumentos (Monument als Països Catalans, Tárrega 1981). Ao redor de 1980 experimentou con arame. En 1981 concedéuselle o Premio Nacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo francés. Rector da Universidade de Lión (1944-1960) e membro da comisión nacional francesa da UNESCO. Foi director da Revue de géographie de Lyon e autor de varios ensaios xeográficos como La géographie des foires (A xeografía das feiras, 1923), que trata cuestións de xeografía económica e rexional, Les avalanches (As avalanchas, 1925), centrado no eido da xeomorfoloxía, e do manual Géographie générale (Xeografía xeral, 1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cursou estudios de Bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo. Afeccionado dende a adolescencia á pintura, alternou esta actividade co teatro, o cine, a televisión e a literatura. Participou en varias exposicións colectivas, traballou como actor de cine, teatro e televisión. Actor cos grupos Máscara 17 e Artello onde formou parte do elenco de Almas perdidas (1987). Dende 1990 imparte clases de teatro no Instituto Santa Irene de Vigo e dirixe o grupo Espasmo. En colaboración con Xosé Cid Cabido escribiu a peza teatral Copenhague (1993), Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais en 1992 e posta en escena polo grupo compostelán Uvegá Teatro en 1995 baixo a dirección de Manuel Lourenzo. Achegouse tamén á narrativa, coa publicación en 1995 de Os nerviosos elegantes de Raoul Dufy e en 1996 co relato “Olinda” no colectivo Unha liña no ceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario. Hai que destacar na súa obra: Introdución á novela contemporánea (1966), Eugenio d’Ors, crítico literario (1971), Modernismo y Postmodernismo (1974) e Sub-literaturas (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático francés autodidacta. Interesouse por todas as ramas do coñecemento. Desde o ano 1801 foi profesor de Física e Química na École Centrale de Bourg-en-Bresse, onde escribiu a súa primeira memoria científica, sobre a teoría do xogo (1802). Napoleón nomeouno inspector xeral de instrución pública (1808). En 1814 ensinou Filosofía na Facultade de Letras e Física na Facultade de Ciencias da Académie des Sciencies (na que entrou como membro numerario na sección de Matemáticas) e, dende 1824, no Collège de France. Dende 1807 ata 1815 traballou sobre Química: distinguiu entre átomos e moléculas e chegou ás mesmas conclusións ca as expostas na lei de Avogadro, independentemente deste un ano despois. A partir das experiencias de Oersted sobre a desviación de agullas imantadas por unha corrente eléctrica, interesouse polos fenómenos electromagnéticos e elaborou a teoría da orixe electrodinámica das accións magnéticas (1820). Estudiou a acción mutua entre imáns e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do primeiro Bispo da Diócese de Iria Flavia, unha das localidades máis importantes do Reino Suevo de Galicia, trala reorganización eclesiástica promovida por san Martiño de Dumio e polos Concilios Bracarenses do s VI, que delimitaran con precisión os lindes das dióceses. O Bispo André foi un dos protagonistas desta reorganización e figura como confirmante das actas do segundo dos Concilios Bracarenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso teatino. Profesou nesa orde no ano 1558, logo de trocar o seu nome de Lancellotto Avellino e abandonar a avogacía. Foi amigo de San Carlos, Arcebispo de Milán, quen lle encargou a fundación dun convento de teatinos. Foi canonizado pola Igrexa Católica en 1712. A súa festividade celébrase o 10 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Viviu en Palestina baixo a dominación árabe e foi Arcebispo de Creta. É autor de varias poesías litúrxicas, entre as que o “Gran canon” permanece en uso aínda na actualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1046-1060) da dinastía de Árpád. Usurpoulle o trono a Pedro de Hungría e, entre 1049-1052, defendeu o Reino contra o Emperador Enrique III ao tempo que restablecía a ortodoxia cristiá. Ao declarar sucesor ao seu fillo Salomón, púxose a mal co seu irmán Béla, quen lle provocou a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe ruso, fillo de Xurxo Dolgorukij. Resultou elixido príncipe de Vladimir polos boiardos de Suzdal’ e de Rostov en 1157, contra os que loitou co fin de superar a desmembración feudal dos principados rusos. Foi asasinado polos boiardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1205-1235). Fillo de Béla III (morto en 1196), disputoulle a Coroa a seu irmán máis vello Eimerico (morto en 1204) e prevaleceu sobre o seu fillo Ladislau III (morto en 1205). Adheriuse á quinta cruzada, pero non tardou en se retirar por mor das súas diverxencias co Rei de Xerusalén e, en consecuencia, do fracaso do ataque ao monte Tabor (1217-1218). Favoreceu á nobreza en detrimento do poder real (doazóns territoriais, Bula do ouro do 1222).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1290-1301), derradeiro da dinastía de Árpád. Fillo do príncipe Estevo e de Tomasina Morosini, de familia veneciana, e sobriño de André II; sucedeu a Ladislau IV. Opúxose á nobreza e defendeu o Reino contra os Habsburgo e os Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor norteamericano. Inicialmente estivo influído por Brancusi e F. Stella. A partir de 1958-1960 traballou con elementos modulares e xeométricos que, a miúdo, dispuxo na terra en virtude do interese pola relación entre escultura e espacio. É un dos máximos representantes da arte minimalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Aplicouse na determinación da distancia Terra-Sol (paralaxe solar). Encabezou a expedición a Nova Caledonia para observar o tránsito de Venus polo disco solar, en decembro de 1874.

    VER O DETALLE DO TERMO