Álvarez Vila, Andrés

Álvarez Vila, Andrés

Cursou estudios de Bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo. Afeccionado dende a adolescencia á pintura, alternou esta actividade co teatro, o cine, a televisión e a literatura. Participou en varias exposicións colectivas, traballou como actor de cine, teatro e televisión. Actor cos grupos Máscara 17 e Artello onde formou parte do elenco de Almas perdidas (1987). Dende 1990 imparte clases de teatro no Instituto Santa Irene de Vigo e dirixe o grupo Espasmo. En colaboración con Xosé Cid Cabido escribiu a peza teatral Copenhague (1993), Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais en 1992 e posta en escena polo grupo compostelán Uvegá Teatro en 1995 baixo a dirección de Manuel Lourenzo. Achegouse tamén á narrativa, coa publicación en 1995 de Os nerviosos elegantes de Raoul Dufy e en 1996 co relato “Olinda” no colectivo Unha liña no ceo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Zamáns, Vigo