"Arden" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 49.
-
PERSOEIRO
Político srilankés. Membro do Partido Nacional Unificado, foi primeiro ministro (1977), instaurou un réxime presidencialista e ocupou a presidencia da República (1978-1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Frisia, Países Baixos (88.525 h [1997]). Situada a 50 km ao O de Groningen, presenta pequenos canais. É un centro comercial e mercado de gando, ademais dun núcleo industrial téxtil, químico, mecánico, metalúrxico e do papel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten cor parda.
-
PERSOEIRO
Trobador occitano. De familia nobre e activo na corte de Xaime I de Aragón entre 1205 e 1272, destacou pola elaboración de cantigas satíricas de tema político, amoroso, relixioso e moral. A súa produción, da que se conservan 96 pezas, deriva dos violentos acontecementos que viviu Occitania naquela época, como as cruzadas contra os albixenses, e da súa propia reflexión sobre as cuestións espirituais e relixiosas do momento. Noutras composicións amosou o seu pesar polo triunfo da maldade sobre a virtude e a elegancia.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do Mediterráneo, que forma parte de Italia (24.090 km2; 1.599.511 h [2001]). A súa capital é Cagliari. Situada ao S de Córsega, e separada dela polo estreito de Bonifacio, está a igual distancia de Xénova, Menorca e Marsella. É unha rexión con estatuto especial dentro de Italia e está dividida en catro provincias. Constitúe un fragmento de zócolo herciniano cortado por numerosas fallas. O macizo máis importante é o Gennargentu, que ocupa a maior parte do sector oriental e ten a maior altura da illa (Punta La Marmora, 1.834 m). Ten cultivos de cereais, hortalizas, viña, oliveiras e froiteiras, gandaría ovina e industria de elaboración de queixos. Especialmente coñecida polo desenvolvemento da civilización nuráxica desde o II milenio a C, foi ocupada polos cartaxineses, conquistada por Roma (238 a C) e invadida polos vándalos (455) e bizantinos (534). Territorio da Coroa de Aragón ata 1714, pasou á casa de Savoia en 1720 e formou, xunto a Piemonte e Niza, o...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Savoia (Vítor Amadeu II, 1675-1730) e rei de Sicilia (Vítor Amadeu I, 1713-1718) e de Sardeña (1720-1730). Formou parte da Liga de Augsburgo contra Francia (1689) e opúxose a Francia na Guerra de Sucesión Española. Como consecuencia das paces de Utrecht (1713) e de Rastatt (1714) obtivo o reino de Sicilia, que cambiou en 1720 polo de Sardeña. Reformou a administración e as finanzas dos seus estados. En 1730 abdicou en favor do seu fillo Carlos Manuel III.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1773-1796) e duque de Savoia (Vítor Amadeo III: 1773-1792), fillo e sucesor de Carlos Manuel III. Durante a Revolución Francesa cortou as relacións con Francia, que ocupou Savoia e o condado de Niza (1792). Vencido por Napoleón (1796), renunciou ao reino polo Tratado de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1802-1821), fillo de Vítor Amadeo II, portou o título de duque de Aosta. Accedeu ao trono tras a abdicación do seu irmán Carlos Manuel IV. Opúxose a Napoleón e retirouse a Cagliari. En 1815 recuperou os estados peninsulares. O seu intento de restaurar o absolutismo provocou un motín dos carbonarios e abdicou en favor do seu irmán Carlos Félix I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Vítor Manuel II de Italia.