Leeuwarden
Leeuwarden
Capital da provincia de Frisia, Países Baixos (88.525 h [1997]). Situada a 50 km ao O de Groningen, presenta pequenos canais. É un centro comercial e mercado de gando, ademais dun núcleo industrial téxtil, químico, mecánico, metalúrxico e do papel.