"Arga" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 283.

  • Plano onde se estableceu un sistema de coordenadas cartesianas e no que se representa cada número complexo a + bi por medio do punto de coordenadas (a, b). Nesta representación todos os puntos que teñen unha ou dúas coordenadas infinitas son considerados como un mesmo punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, drenado polo Jarama (26.113 h [1991]). Está situado na Alcarria, ao NL da capital. Conta con importantes destilerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Argola de ferro situada no extremo superior da cana da áncora e pola que se amarra a cadea, o cabo ou o cable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘bacallao’ e ‘peixe’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bacallao’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Tartessos, coñecido só polas referencias de autores gregos. Filohelénico, prestou axuda aos focenses para financiar a fortificación de Focea (cidade grega de Asia Menor) contra a ameaza persa. O seu reinado (quizais do 630 ao 550 a C) correspóndese coa época de esplendor de Tartessos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello do Bierzo. Ten unha poboación de 962 h (1996). Está adscrito ao partido xudicial de Ponferrada e á provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación creada por P. Bosch Gimpera contra 1920 para designar unha cultura prehistórica da Idade do Bronce, vixente entre 1500 - 1000 a C, a partir do topónimo do lugar de El Argar, no termo de Antas (Almería). Dende 1949, os estudios de M. Tarradell demostraron que limitaba coas provincias de Granada, Almería, Murcia e Albacete, penetrando no extremo sur do País Valencià (depósitos do Cabezo Redondo de Villena, de San Antonio de Oriola e de Callosa de Segura). Caracterízase por poboados fortificados en lugares elevados, sepulturas baixo as casas en xerras ou cistas, metalurxia do cobre e do bronce, follas de sílex e cerámica lisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cultura de El Argar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Xoán de Río baixo a advocación de san Silvestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pequenos ácaros hematófagos temporais das aves e dos mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de algas que aparecen nas praias ao seren expulsadas polo mar e que se utilizan como esterco.

    2.  

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e pianista. En 1916 publicou os seus primeiros traballos no Heraldo de Madrid e posteriormente pasou a formar parte da redacción de La Tribuna, á vez que colaboraba con outros periódicos e revistas (Pitorial Review, de Nova York, La Ilustración Artística, de Barcelona); así mesmo, en 1921 fundou en Madrid a revista mensual Ideales. A súa actividade musical levouna a dar concertos en diferentes lugares de Europa. Como escritora publicou Otro beso (1920) e Hacia el ocaso: evocación narrativa (1921) ten, ademais, unha comedia dramática en dous actos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora canadense. A súa obra superpón e mestura unha temática de tipo tecnolóxico cunha coidadosa visión da natureza e o tratamento das alienacións e da irracionalidade. Destacada defensora dos dereitos humanos, foi mediadora dos nacionalismos culturais canadenses. Presidiu o PEN Canadense da lingua inglesa (1985-1986). Autora dunha vintena de títulos, destacan, no campo da narrativa, as novelas The Handmaind’s Tale (O conto da criada, 1985), Cat’s Eye (Ollo de gato, 1989), Alas Grace (1996) e as coleccións de narracións Bluebeard’s Egg (O ovo de Barbazul, 1983) e Good Bones (1993). Como poeta cómpre sinalar The Journals of Susanna Moodie (Os diarios de Susanna Moodie, 1970), The Circle Game (O xogo do círculo, 1981) e Morning in the Burned House (Amencendo na casa Burned, 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesora mercantil e socióloga. Publicou, en colaboración co seu marido, Justo de la Cueva Alonso, os traballos: Las familias de la provincia de Pontevedra (1974) e La comarca de la ría de Arosa. Sus familias (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona, no ano 1948 chegou a catedrático de Gramática Histórica da Lingua Española na Universidade de Barcelona e en 1977 a catedrático de Gramática Histórica Catalana. Foi reitor da Universidade de Barcelona (1978-1986). Desde 1987 foi o responsable do equipo catalán de PatRom (Patronímica Románica), dicionario histórico das liñaxes románicas. Desde 1989 presidiu a Sección Filolóxica do Instituto de Estudios Cataláns e foi presidente de honra da Société de Linguistique Romaine. A súa investigación no campo da lingüística histórica, sobre todo catalá, está dentro da tradición de Ramón Menéndez Pidal: tratou temas morfolóxicos, sintácticos, fonéticos, semánticos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Bangladesh, no delta do Ganxes. Trátase dunha chaira formada por terreos aluviais e atravesada por numerosos ríos e canles que reciben as augas do Ganxes. Os principais núcleos urbanos son Barisāl, Patuākhāli e Vhālakāti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina inglesa de orixe sudafricana. Comezou a bailar co Royal Ballet no 1965 e dende o 1970 foi a bailarina estrela. É unha intérprete exquisita do repertorio romántico, pero tamén demostrou a súa competencia no repertorio moderno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi ministro de Obras Públicas e de Facenda, alcalde de Bogotá e embaixador no Reino Unido e nos EE UU. Líder do Partido Liberal, exerceu a Presidencia do país de 1986 a 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO