"Asio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 96.
-
-
Muro, de madeira ou de obra, que nas igrexas de Oriente, sobre todo nas de tradición bizantina, separa o santuario ou presbiterio da nave da igrexa. Ten unha porta central e dúas laterais e decórase con iconas. Por riba das portas atópase unha tripla franxa decorativa. É unha evolución do antigo cancelo basilical, no que se comezaron a colgar iconas, despois do triunfo do culto ás imaxes en 843.
-
Cancelo de mármore ou pedra labrada empregado nas igrexas visigodas e mozárabes para separar o presbiterio da nave.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de invadir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas anuais, bienais ou perennes, da familia das campanuláceas, de follas alternas, flores pequenas hermafroditas de cor azul, sésiles ou cun curto pedicelo, agrupadas en capítulos e froito en cápsula. En Galicia están presentes as especies J. montana, J. crispa e J. laevis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade bentónica que recobre dunha maneira continua un substrato sólido.
-
-
Relativo ou pertencente aos lasiocámpidos.
-
Insecto da familia dos lasiocámpidos.
-
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que se caracterizan polo corpo groso e peludo e pola espiritrompa máis ou menos atrofiada. Son macrolepidópteros nocturnos, algúns sen embargo voan de día, coas ás de cores apagadas, aínda que con dimorfismo sexual. As eirugas son peludas, algunhas urticantes, como o anel do diaño, eventualmente gregarias e a miúdo provocadoras de pragas forestais.
-
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Foi discípulo de Oríxenes e desenvolveu o seu labor docente en Atenas e Siria. Alcanzou o grao de conselleiro da raíña Zenobia de Palmira e executárono trala conquista da cidade polo Emperador Aureliano. Atribuíuselle, falsamente, o tratado Do Sublime.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano. Cronista xeral da provincia de Santiago, dirixiu a publicación Archivo Íbero-Americano e El Eco Franciscano (1904-1905) e colaborou no Archivum Franciscanum Historicum (1908) e na Revista de Estudios Franciscanos. Dos seus libros destacan Viaje de San Francisco a España (1914), Estudios crítico-históricos sobre Galicia (1916) e, postumamente, La imprenta en Galicia (siglos XV-XVIII) (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos macrodasioideos.
-
Metazoo da orde dos macrodasioideos.
-
Orde de metazoos asquelmintos, gastrotriquios, de corpo alongado, deprimido e recuberto de numerosas glándulas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pietro Trapassi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflorescencia cimosa en que cada eixo sucesivo orixina soamente unha flor.
-
-
Punto craniométrico situado na interxección da sutura nasofrontal e a internasal.
-
Punto somático saxital situado na raíz do nariz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano de Gallaecia. Só os menciona Ptolomeo, que os situou no Convento Bracarense, pero descoñécese a súa localización exacta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome grego Nikásios ‘vencedor, vitorioso’, derivado de níke ‘vitoria’. A súa festividade celébrase o 14 de decembro (o de Reims) e o 11 de outubro (o de Rouen).
-
PERSOEIRO
Mártir. Era bispo de Reims cando se produciu o ataque dos xermánicos e a lenda conta que un deles lle cortou a cabeza dunha machetada cando se atopaba na catedral cantando himnos. Con el foron martirizados a súa irmá e dous diáconos. Iconograficamente represéntase con vestiduras episcopais, decapitado e sostendo a súa cabeza coas mans. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Morreu decapitado xunto con dous diáconos. Iconograficamente represéntase decapitado e coa súa cabeza nas mans. A súa festividade celébrase o 11 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Circunstancia oportuna para algunha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A ocasión fai o/ao home ladrón. Fuxindo da ocasión non se cae na tentación”.
-
Circunstancia que se presenta, en xeral, en calquera momento.
-
Circunstancia que determina un efecto.
-
-
Circunstancia que posibilita a produción dun fenómeno, pero que, a diferenza da causa, non intervén positivamente e, a diferenza da condición, non é necesaria.
-
ocasión próxima
Ocasión en que se induce a alguén, practicamente dun xeito inevitable, a facer ou motivar un acto, pero se este non fose moral, tería que ser sempre evitada.
-
ocasión remota
Ocasión que non induce dun xeito inevitable a facer ou motivar un acto, polo que, no caso de que este non fose moral, a obrigación de evitala deixaría de ser grave.
-
-
-
-
Que ocorre de maneira non prevista ou accidental.
-
Que ocorre nunha determinada ocasión.
-
-
ocasión.
-
Consentimento ou negativa, no ocasionalismo estrito, outorgados polo ser humano á intervención de Deus, cuxa acción directa e continua é a única e verdadeira causa da produción de calquera efecto.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica do s XVII, de raíz cartesiana, que consideraba a Deus como único principio causal no referido ao problema da interrelación entre corpo e alma. Negaba que a acción da alma fose causa da correspondente acción do corpo e defendía a necesaria intervención de Deus para producir un movemento no corpo ou na alma, cada vez que neste ou nesta se producía outro correspondente. O seu principal representante, considerado como o fundador do ocasionalismo, foi Nicolas Malebranche.
-
-
Relativo ou pertencente ao ocasionalismo.
-
Partidario do ocasionalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ser a causa ou o motivo dalgunha cousa.