Jasione

Jasione
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas anuais, bienais ou perennes, da familia das campanuláceas, de follas alternas, flores pequenas hermafroditas de cor azul, sésiles ou cun curto pedicelo, agrupadas en capítulos e froito en cápsula. En Galicia están presentes as especies J. montana, J. crispa e J. laevis.