Jasminum
Jasminum
[PLANTA]
Xénero de arbustos ou plantas gabeadoras leñosas, da familia das oleáceas, de follas opostas unifoliadas, trifoliadas ou imparipinnadas, flores hermafroditas, actinomorfas de cor branca, amarela ou vermella e froito en baga, xeralmente de cor negra. Comprende unhas 200 especies, moitas delas cultivadas con fins ornamentais, outras teñen interese na industria da perfumería e outras teñen aplicacións en medicina. En Galicia está presente no SL de Ourense a especie J. fruticans.